O festival internacional de cine CurtocircuÃto ven de dar a coñecer o balance da que foi a súa 17ª edición celebrada do 3 ao 11 de outubro pasados. Cun modelo adaptado que mesturaba as actividades e proxeccións presenciais para un número de público limitado, coa retransmisións en liña e unha parte da programación a disposición do visionado particular na plataforma Filmin, o festival proxectou máis de 80 pelÃculas, organizou 6 actividades en liña con profesionais de todo o mundo e celebrou 4 concertos e performances audiovisuais. A capacidade de convocatoria virtual do 17º CurtocircuÃto queda reflectida como un éxito en base aos datos que a organización achega, destacando o feito de que ao redor de 1.200 persoas participaron nas diferentes actividades en liña e en Filmin, sede online do festival nesta edición, reuniuse a preto de 11.000 espectadores durante os 9 dÃas do festival, cunha proposta de pelÃculas que incluÃan a Sección Oficial (RADAR e EXPLORA), PenÃnsulas e o Foco Dennis Hopper. Desde o CurtocircuÃto sinalan a importancia do éxito de convocatoria "nun formato que, sen dúbida, chegou para quedar".
O festival colaborou con algunhas das escolas e institucións cinematográficas máis destacadas do paÃs para converterse en espazo de acollida dos seus alumnos e profesionais. Desta forma, a 17ª edición de CurtocircuÃto contou coa participación de centros como a Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, a ElÃas Querejeta Zine Eskola de San Sebastián, a ECAM de Madrid e con entidades como CREA, AGAG, Proxecta e a recentemente creada, Pantalla, entre outras.
Doutra banda, a colaboración de CurtocircuÃto con Santiago Turismo, coa Santiago de Compostela Film Commision e con Cuarto Pexigo deu como resultado a creación dunha residencia artÃstica este ano. Desta forma, o cruzamento de disciplinas e a exploración artÃstica das diferentes artes visuais tomaron forma con esta residencia que acolleu ao arquitecto e fotógrafo canario Yosi NegrÃn.