A Deputación da Coruña apoia 19 proxectos singulares para achegar "valor engadido" á cultura

A liña conta con 238.806 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña fixo público o listado de proxectos singulares aprobados para o vindeiro ano concedidos a partir dunha convocatoria que suporá un investimento de 238.606 euros. Os proxectos seleccionados deben achegar "valor engadido de carácter social, artístico ou patrimonial, a través de temáticas como a igualdade, a diversidade, a cohesión social, a memoria ou a innovación e a experimentación". Entre os proxectos seleccionados e presentados por diferentes empresas e profesionais, hai animacións stop-motion, espectáculos, difusión audiovisual da cultura mariñeira, documentais sobre creadoras literarias ou sobre espazos naturais ou eventos de deseño.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Documentais, Igualdade

Claves