O responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, anunciaba onte dúas novas convocatorias de apoio a empresas deste sector. Por unha banda, ábrese a liña de apoio a proxectos singulares de carácter cultural, que destina 275.000 euros a iniciativas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de marzo de 2021 e que cubrirá ata o 80% de gastos subvencionables con axudas de entre 4.500 e 30.000 euros.
En paralelo, a entidade convoca as súas axudas para "a distribución, comercialización e exhibición en lingua galega", dotadas con 125.000 euros. Esta liña pretende "garantir o acceso a filmes, documentais e películas en lingua galega, recoñecendo a importancia estratéxica do sector audiovisual na creación cultural e tamén na normalización da lingua" e distribuirá axudas de entre 5.000 e 30.000 euros.