A Área de Cultura da Deputación da Coruña deu a coñecer a resolución das convocatorias de subvencións a festivais organizados por entidades non lucrativas e concellos. As dúas liñas distribúen 514.425 euros entre 33 festivais de asociacións e 474.277 para 23 eventos promovidos directamente polos concellos da provincia. En total, case un millón de euros que facilitarán o desenvolvemento de 56 festivais de audiovisuais, musicais e de artes escénicas, o que sitúa a entidade como primeira institución no apoio económico a festivais segundo reivindicou o deputado responsable de Cultura, Xurxo Couto.
Dos eventos organizados por concellos, Curtocircuíto, con 68.000 euros e Cineuropa, con 64.000 son os que obtiveron unha maior contía, seguidos da XXII Mostra de curtametraxes Vila de Noia (48.694,88), o Carballo Interplay (44.873,88) e a Mostra de Teatro Galego de Cariño, que recibe 41.250. Canda a estas, foron beneficiarias desta liña de axudas citas como Cinema Miúdo, Mares do Fin do Mundo de Outes, o Festival do Queixo de Arzúa, a Foliada de Melide, Jazz Noia, Festival de Monólogo Teatral e a Mostra de Teatro infantil e xuvenil de Narón ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo.
Da banda das asociacións, o evento que acada maior apoio é o (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, con 51.000, seguido polo Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) con 40.000 euros. O Festival da Carrilanas de Esteiro (27.704) e a Festa da Carballeira de Zas (25.350) son os seguintes eventos con maiores contías. Na listaxe de beneficiarios desta liña están tamén o Feito a Man de Santiago, Galiza Blues de Noia, Irmandiños de Moeche, Resis da Coruña, Atlántica, Titiriberia, Galicreques ou a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.