A Deputación da Coruña apoia cun millón de euros a realización de festivais

A entidade convocou tamén axudas para contratar persoal de xestión cultural en concellos

19/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Concellos e organizacións non lucrativas poderán optar á convocatoria da Deputación da Coruña para festivais culturais. O órgano provincial daba a coñecer o 18 de xaneiro as bases desta liña de axudas, que distribuirá 550.000 euros entre entidades locais e outros 500.000 entre proxectos sen ánimo de lucro, cantidades similares ás do pasado ano. As axudas apoiarán o desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia, e o prazo de solicitude darase a coñecer en vindeiros días.

En paralelo, a entidade anunciou tamén a convocatoria de subvencións para a contratación de persoal de xestión cultural en concellos. As administracións locais poderán optar a unha partida de 700.000 euros con este obxectivo, á que a área de Cultura anunciou que se sumará outra de 400.000 euros orientada á contratación de persoal en museos e cetros de interpretación.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Artes Escénicas, Museos

Claves