O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba este 19 de febreiro a convocatoria de axudas para proxectos culturais singulares, que conta con 275.000 euros de orzamento. A liña está destinada a empresas e quere "apoiar producións singulares de especial interese social e cultural e, a través dela desenvolvéronse en anteriores edicións iniciativas que, se non existir, non terían visto a luz nun momento de crise para o sector como é este co cal agardamos que este ano se continúen a sumar proxectos que teñan alcance e repercusión para a sociedade", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto.
A convocatoria prevé axudas de ata 30.000 euros por proxecto e un 80% dos gastos. As iniciativas valorarán entre outros criterios a "presenza de mulleres no proxecto, antigüidade, implicación de centros educativos ou persoas con diversidade funcional e tamén a valoración dunha comisión técnica especializada".
En paralelo, a Área de Cultura convocou tamén as axudas a empresas audiovisuais para a distribución, comercialización e exhibición en lingua galega. Dotada con 125.000 euros, estas liña quere "axudar a garantir o acceso a filmes, documentais e películas en lingua galega, recoñecendo a importancia estratéxica do sector audiovisual na creación cultural e tamén na normalización da lingua". As solicitudes poderán optar a axudas de ata 45.000 euros.