Está aberto o prazo para que artistas e entidades lucrativas soliciten as axudas para o desenvolvemento de proxectos singulares de especial interese cultural. A Deputación da Coruña fixo públicas as bases desta convocatoria, que conta, ao igual que nas últimas edicións, cunha dotación de 275.000 euros.
A persoas e entidades interesadas teñen ata o vindeiro 15 de marzo para presentar as súas solicitudes, coas que optarán a contÃas de entre 3.000 e 30.000 euros. Con estes fondos apoiaranse
propostas "artÃsticas e/ou culturais en lingua galega que resulten de interese para o desenvolvemento cultural a través da achega dun valor engadido de carácter social (igualdade, dereitos, diversidade, respecto medioambiental, estima colectiva, cohesión social, integración...), patrimonial (memoria, coñecemento, difusión social) ou artÃstica (innovación, experimentación, propostas de risco...)". As actividades deberán desenvolverse de xeito maioritario na provincia da Coruña.