Dezanove proxectos culturais singulares recibirán apoio da Deputación da Coruña

A entidade provincial reparte 221.599 euros entre estas iniciativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Área de Cultura da Deputación da Coruña facía pública onte a lista de iniciativas que se benefician da primeira convocatoria de apoio ao desenvolvemento de proxectos singulares de especial interese cultural. En total, dezanove propostas repartirán os 221.599 euros desta liña, que se abriu por vez primeira a entidades lucrativas. Na listaxe atópanse propostas de diferente carácter como Elas presentes, de Berrobambán, que se define como "unha proposta integral para visibilizar as mulleres na historia", o festival Mar de Mares, a longametraxe e repositorio documental De Mudanza, a historia das persoas, a Iniciativa Galiza-Catalunya, da arroutada á rauxa, a longametraxe documental O dentón sobre o caruncho do centeo, ua plataforma de performance De corpos presentes ou a revista cultural Vinte.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Documental, Mulleres, Berrobambán...