A Deputación da Coruña presenta as súas novas liñas de subvencións culturais

Festivais, museos, fundacións e entidades de cultura tradicional poderán optar a estas axudas

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, presentaba onte as novas liñas de subvencións desta entidade, que pretenden marcar un novo modelo de política cultural na institución. Deste xeito, moitas das axudas que se daban de xeito nominativo distribuiranse agora mediante convocatorias de concorrencia competitiva que suman un total de 2.250.000 euros. Pendentes de publicar no Boletín Oficial da Provincia, Sanmartín adiantou onte que se convocan axudas a museos de centros de interpretación para a contratación de persoal por valor de 500.000 euros. Outros 525.000 destinaranse ao apoio de festivais, 375.000 irán para entidades de cultura popular e tradicional e 850.000 distribuiranse entre fundacións de carácter cultural.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín

Claves

Protagonistas
Conceptos