A Deputación da Coruña a través da área de Cultura apoiará 22 proxectos do tecido empresarial cultural tal e como parece no BoletÃn Oficial da Provincia publicado hoxe. A resolución coa concesión provisional de subvencións por valor conxunto de 260.777 euros aparece hoxe no BOP sinalando aqueles proxectos audiovisuais, de artes escénicas, de difusión cultural ou arredor do patrimonio material e inmaterial que foron seleccionados e aqueles non admitidos ou desistidos. Accións divulgativas do compromiso da arte contra a violencia, residencias itinerantes de cultura dixital, recursos en liña sobre patrimonio industrial, documentais con temas coma Xosé Vizoso e Sargadelos ou os Xenerais da Ulla, a segunda edición do FLIV festival virtual do libro, unha iniciativa de artes ao vivo en cemiterios históricos, unha novela visual sobre o amor na mocidade, catálogo de ilustradas, unha proposta de posta en valor de espazos públicos levando a escena textos clásicos, a creación dunha peza teatral ou unha iniciativa para salvagardar o patrimonio cultural dos arrieiros son algúns dos proxectos que reciben axuda por medio desta convocatoria da área de Cultura da Deputación da Coruña.