Case douscentos palcos de música, xeolocalizados, con imaxe e con referencia ás festas que se celebraba neles, conforman o primeiro mapa do Proxecto Palcos que desenvolve o Instituto de Ciencias do Patrimonio. A colaboración cidadá permitiu acumular estas localizacións, que agora están dispoñibles na rede, mediante unha plataforma participativa. Ademais das achegas espontáneas, o proxecto desenvolveu unha serie de obradoiros con diferentes asociacións e centros de ensino que contribuÃron a este catálogo.
O mapa presenta os palcos clasificados entre aqueles que manteñen o seu uso, os que se empregan para un fin diferente para o que foron creados, os que están en pé pero sen uso determinado e aqueles dos que unicamente fica a lembranza.
Dentro dos palcos reutilizados ou "reapropiados", segundo a terminoloxÃa do proxecto, aparecen casos como os varios que desempeñan o rol de locais sociais, como é o caso do de Eirexe en Santiso, LalÃn. Tamén se recollen exemplos adaptados para se usar como almacéns de diferentes tipos, como o da A Goleta en Camposancos, tamén en LalÃn. Non faltan tampouco casos nos que estas instalacións se empregan como lugar de xogo cuberto para as crianzas ou serven de punto de encontro para a veciñanza do lugar.
O mapa amosa tamén casos como o de Xullán, en Bóveda, onde se conserva un cartel a indicar "No se cede la pareja". Esta advertencia pretendÃa evitar conflitos entre a mocidade que asistÃa ás festas do lugar na competencia por unha mesma parella no baile.
O proxecto céntrase na documentación deste tipo de estruturas construÃdas entre os anos 1970 e 2000. O antropólogo e etnomusicólogo Iñigo Sánchez-Fuarros coordina esta iniciativa, que inicia agora unha fase de estudos de casos concretos mediante metodoloxÃas de traballo de campo etnográfico. A intención e analizar as dinámicas e cambio e permanencia nas condicións materiais que fan posible as celebración das festas parroquiais. Un encontro o pasado 9 de marzo en Vedra serviu para presentar os primeiros resultados deste proxecto e abordar algunhas das claves das vindeiras fases de estudo.