A Cátedra Rosalía de Castro dará a coñecer novos detalles da vida da poeta

A I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro celébrase o 11 de decembro en Santiago

  • A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle este 11 de decembro a I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro. No encontro diferentes especialistas en estudos rosalianos achegarán datos inéditos e novas pers...

A rehabilitación do Teatro Fraga custará máis de 20 millóns

Xunta e Deputación asinarán un convenio polo que achegarán este capital para as obras

  • O Consello da Xunta aprobou na súa primeira sesión de decembro asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra que levará a un investimento total de máis de 20,8 millóns de euros para completar a rehabilitación do T...

Ourense celebra a I Semana de Cine Arqueolóxico

O Museo Arqueolóxico e o Cineclube Padre Feijoo organizan a cita entre os días 2 e 5 de decembro

  • Un ciclo de cinema centrado na investigación do pasado. Esta é a proposta da I Semana de Cine Arqueolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Ourense entre os días 2 e 5 de decembro. O Museo Arqueolóxico Provincial e mais o Cineclube Padre Fei...

Fanzine Fest celebra once anos con 32 artistas galegos e internacionais

O festival coruñés comeza hoxe no Planetario unha semana dedicada á música electrónica

  • Sete días, sete espazos, 32 artistas, esa é a presentación en cifras da XIª edición do Fanzine Fest da Coruña que comeza este luns, 1 de decembro. O festival de música electrónica organizado polo selo Fanzine Project comezará hoxe no Planeta...

Na cerna da Gallaecia romana

As investigacións en Brandomil revelan que o complexo arqueolóxico abrangue 25 hectáreas

  • Baixo unha extensa área ao redor da aldea de Brandomil (Zas), os arqueólogos veñen de confirmar que as estruturas época romana que veñen sendo investigadas desde hai uns anos se estenden ao longo dunha enorme área de case un quilómetro de long...

'O século do milagre' gaña o premio Ciudad de Carlet

O galardón valenciano designa a obra de Rodrigo Costoya como mellor narración histórica do 2025

  • A novela de Rodrigo Costoya 'O século do milagre. A consagración de Compostela' (Ed. Pamiés, 2025), que recrea a orixe da capital galega e do camiño de Santiago; protagonizada polo arcebispo Xelmírez, ven de alzarse co premio Rafaguillo Ciudad d...

Sés presenta un novo traballo en formato disco-libro

A cantora publica hoxe'Nadando na incerteza' e un "letrario" da súa traxectoria

  • ...Hoxe ve a luz un duplo traballo de María Xosé Silvar, coñecida artisticamente como Sés: o libro disco 'Nadando na incerteza' (Autoedición), e o "letrario" 'Mentres quede corazón' que recolle toda a obra lírica dunha década e media de creación musical...

Pura Salceda recibe o VIIº Premio de Novela Vilar Ponte

Mañá terá lugar en Viveiro a entrega do galardón

  • O Concello de Viveiro acollerá mañá nas súas instalacións a entrega do sétimo Premio de Novela Vilar Ponte. A escritora Pura Salceda Carballeda (México DF, 1961) recollerá o galardón pola súa obra 'A dous pasos do Edén' que acadou por unan...

Chega ás librarías Adelina, Premio Castelao de BD 2024

Boulevar Edicións debuta na novena arte con Nechu, o neno momia, de Baltar Morgade

  • A obra coa que Sandra Lodi obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada 2024 está xa dispoñible para o público. A Editorial Galaxia publica Adelina , novela gráfica que narra en 110 páxinas a fuxida dunha muller maior da residencia na que vive. C...

O V de Viñetas volta a Noia este 28 de novembro

Miguelanxo Prado, Antonio Altarriba e Álvaro Ortiz encabezan o cartel das xornadas de banda deseñada

  • O Liceo de Noia acolle, desde este 28 de novembro e ata o día 30, a oitava xeira de V de Viñetas. O encontro de banda deseñada volta á vila coa presenza de Miguelanxo Prado, que presentará a súa obra Presas fáciles , de Álvaro Ortiz e de Anto...

Cris Balboa representa a Galicia en Bruxelas con 'Roland, mon amour'

A artista foi seleccionada por Europalia dentro dunha mostra das culturas emerxentes periféricas do Estado

  • O espectáculo 'Roland, mon amour' de Cris Balboa, representará á cultura galega emerxente no Festival Territorio en Bruxelas este vindeiro xoves, 27 de novembro. A trixésima edición deste evento organizado por Europalia que busca amosar as artes...

A fotografía que acompaña a liberación da muller

O Consello da Cultura celebra hoxe a xornada 'Fotografía e feminismo' reunindo a nomes indispensables na reflexión

  • No marco das conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este mércores a xornada 'Fotografía e feminismo' comisariada por Paula Cabaleiro e Rosario S...

Xose Luís Foxo compila o cancioneiro tradicional das Terras do Bolo

Contén medio milleiro de cantares tradicionais

  • O musicólogo Xosé Luís Foxo presentou onte no Consello da Cultura Galega o Cancioneiro Sociolingüístico das Terras do Bolo "Atención pido señores" , un vasto volume que recompila medio milleiro de cantares tradicionais, con partituras, letras,...

A feira de arte VARCO de Vigo celebra unha segunda edición

Reunirá trinta artistas entre nacionais e lusos

  • O Auditorio Mar de Vigo acolle desde este venres 28 e ata o domingo 30 de novembro 'VARCO 25, Vigo Arte Contemporánea e noroeste atlántico'. Na presentación desta segunda edición no Concello de Vigo estiveron presentes, ademais do alcalde, Abel C...

A USC bate marcas de uso do idioma galego

O 29,2% das horas docentes impártense na nosa lingua, coa área de Ciencias da Saúde como a máis castelanizada

  • A Universidade de Santiago de Compostela (USC) daba a coñecer o Informe sobre uso do galego nesta institución durante o curso 2024-2025. No mesmo, a entidade verifica un incremento na presenza da nosa lingua na docencia, que chega aos datos máximo...

Ángeles Tilve será a nova directora do Museo de Pontevedra

A Deputación Provincial seleccionou a persoa que xa estaba a ocupar o posto de maneira interina

  • A Deputación de Pontevedra daba a coñecer na mañá deste 24 de novembro o nome da que será a vindeira directora do Museo de Pontevedra. O tribunal do proceso de selección aberto que a entidade abriu o pasado mes de setembro seleccionou a Ángele...

Malpica acolle o simposio sobre as cantareiras polo Día das Letras Galegas

A RAG ponlle o ramo á celebración co encontro As cantareiras e a poesía popular oral este 22 de novembro

  • A Real Academia Galega (RAG) ponlle o ramo ás celebracións do Día das Letras Galegas dedicado á poesía popular. Malpica, localidade natal de Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas no último 17 de maio, acolle o día 22 de novembro o simposio As...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

O ministerio de Cultura incoa a declaración da ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O monumento de Becerreá do século XVIII fai parte da rede viaria estatal

  • O Boletín Oficial do Estado deste 19 de novembro publicaba a incoación do expediente para declarar a ponte de Cruzul, en Becerreá, como Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do...

As Xornadas sobre Ramón Piñeiro celebran a súa cuarta edición

O programa de Olladas no Pasado reúne a profundos coñecedores do seu legado e do seu pensamento

  • A cuarta edición das Xornadas Olladas no Pasado, centradas de novo en afondar no pensamento e legado do pensador e galeguista Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990) terán lugar este venres 21 e sábado 22 de novembro. Unha ...