As Xornadas sobre Ramón Piñeiro celebran a súa cuarta edición

O programa de Olladas no Pasado reúne a profundos coñecedores do seu legado e do seu pensamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As Xornadas sobre Ramón Piñeiro celebran a súa cuarta edición

A cuarta edición das Xornadas Olladas no Pasado, centradas de novo en afondar no pensamento e legado do pensador e galeguista Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990) terán lugar este venres 21 e sábado 22 de novembro. Unha importante lista de estudosos e investigadores buscarán afondar eses dous días no xeito de interpretar e comprender a Galicia do século XX a través do legado do intelectual, tanto na cultura como na política. O Centro Ramón Piñeiro, no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela será un ano máis organizador e anfitrión deste encontro que coordina Xosé Amancio Liñares Giraut.

A apertura oficial terá lugar mañá ás 17:00 horas a cargo de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, e Valentín García, secretario xeral da Lingua. Tras deles será Carlos Baliñas Fernández quen abrirá as intervencións co relatorio 'Ramón Piñeiro, Galicia con sentido da realidade'. O programa inclúe diversas intervencións que irán desde as perspectiva mási persoais do intelectual ata a interpretación dos seus posicionamentos políticos e culturais. Nomes como Alfredo Conde; Siro López; Teresa García-Sabell; Marcelino Agís Villaverde; Xosé Manuel Dasilva Fernández; Malores Villanueva Gesteira; Andrés Torres Queiruga; Víctor Fernández Freixanes; Serxio María Rodríguez Álvarez; Rocío Carolo Tosar; Grial Parga López e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría achegarán as súas reflexións e investigacións neste novo encontro sobre unha figura fundamental para entender a Galicia actual.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Destinatarios con doble función

Destinatarios con doble función

Villares: “Piñeiro logrou unha internacionalización da nosa cultura a través de métodos moi rudimentarios como son as cartas”