A Fundación Casares recupera o pensamento de Ramón Piñeiro nunhas xornadas

A cita terá lugar do 23 ao 26 de marzo en Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Ramón Piñeiro foi unha das figuras clave da Galicia da segunda metade do século XX. Pero tamén unha das máis debatidas, ao amosarse partidario de separar o galeguismo do seu compoñente político (ao que se lle deu en chamar Piñeirismo). Agora que se lle dedica o Día das Letras Galegas, a Fundación Casares recupera o seu pensamento e obra nunhas xornadas. Do 23 ao 26 de marzo, polo auditorio da Deputación Provincial de Lugo pasarán amigos, coñecidos e estudosos do intelectual que permitirán recuperar o seu legado.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Fundación Casares, Lugo, Día das Letras Galegas...