A Mostra de Teatro Clásico de Lugo volve por marzo

Nove espectáculos compoñen o programa da XXIª edición que se concentra neste mes

Maite Ferreiro presenta a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola área de Cultura
Maite Ferreiro presenta a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola área de Cultura
A obra Estrela do día da compañia galega Producións Excéntricas abrirá este xoves a XXIª edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que volve a realizarse no formato inicial concentrando todas as obras seguidas ao longo dun mes. En total, ata o 21 de marzo, pasarán polo Auditorio Municipal de Lugo 9 obras, enmarcadas na temática clásica cunha maioría de compañías galegas perpo tamén traéndo á cidade varias produycións estatais moi recoñecidas e premiadas. Ademais da montaxe de Excéntricas, tamén pasarán por Lugo nesta edición espectáculos de Chévere, As fillas bravas. O mito de Casandra; Elefante Elegante Dreaming Juliet; Teatro do Chapitó con Hamlet.

A Mostra presenta como novidade un programa cunha oferta para o público familiar, no que inclúe a estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón. Varios dos espectáculos chetgados de fóra da escena galega son tamén aptos para un público máis amplo como Bojiganga de Teatro del Cuervo; Celestina, la tragiclownmedia, de La Escalera de Tijera ou Castelvines & Monteses. Los amantes de Verona según Lope, de Barco Pirata e CNTC. O programa complétase coa obra Andanzas y entremeses de Juan Rana, de Ron Ralá.