Alza o pano en Lugo a XXVI Mostra de Teatro Clásico, cun total de once espectáculos que se poderán ver entre o 3 e o 22 de marzo. O espírito de Vania, de Machi Salgado, abre a cita cunha función no Vello Cárcere. O día 6 será a quen da de Teatro Corsario e El alcalde de Zalamea, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, escenario que acollerá tamén as restantes funcións.
Para o sábado 7, a quenda correspóndelle a Atila furioso, que chega a escena da man das compañías EscénaTe e Taquikardia, mentres o día 12 as táboas serán para La desconquista, de Ron Lalá. A Companhia do Chapitô achegará o seu Rei Lear o 13, e o 14 poderá verse Dicha y desdicha del juego y devoción de la Virgen, de Ângela de Azevedo, por Calema Producciones. CaLORCAlor, de Guayominí Producciones fecha as funcións desa fin de semana.
Na seguinte semana La Escalera de Tijera e Z Teatro levan a escena La Loca Historia del Siglo de Oro o día 19, a Compañía Nacional de Teatro Clásico e a Compañía Lucas Escobedo representan Farra o 20, La Compañía del Alba presenta Las abarcas desiertas o 21 e o 22 será a quenda de Artur Ui, o ovo da serpe de Talía Teatro, a fechar a mostra.


