A Mostra de Teatro Clásico de Lugo presentou onte a súa 18ª edición na que ofrecerá seis obras y dos monólogos. O evento comezará o 1 de febreiro con La Comedia de las Mentiras, de Pep Antón Gómez e Sergi Pompermayer que conta no elenco con Pepón Nieto e MarÃa Barranco, e continuará ata o 3 de marzo. Entre a programación hai tres obras a cargo de compañÃas galegas. O 15 de febreiro, no Gustavo Freire farase o monólogo Helena: XuÃzo a unha Lurpia, de Miguel del Arco, por Teatro do Atlántico; o dÃa 17 no patio do Vello Cárcere será a representación de A Noiva de Don Quixote monólogo de José Luis Esteban, por Emedous e o 2 de marzo TalÃa teatro levará aao escenario do Gustavo Freire a obra O Servidor de dous Amos, a partir de texto de Carlo Goldoni. A maiores, terá lugar un encontro con Rodrigo Arribas, director da obra El Rufián Dichoso, no auditorio de o Vello Cárcere, e dúas intervencións de rúa, na Praza Maior, a cargo de Espazo ArtÃstico 10 e Os Palimoquiños. Interpretarán Quen ocupa esa cadeira? Atopémonos con Shakespeare.