A Mostra de Teatro Clásico cumpre 25 edicións en Lugo

A cita desenvólvese entre o 23 de febreiro e o 30 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Un total de trece montaxes compoñen o programa da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. A cita celebra a súa vixésima terceira edición do 23 de febreiro e o 30 de marzo co Auditorio Municipal Gustavo Freire como base. O programa combina unha importante aposta por compañías galegas, que inclúe catro propostas do país, cunha destaca presenza feminina entre a que destacan dúas obras realizadas integramente realizadas por mulleres.

A montaxe Quen ocupa esa cadeira. 25 anos de Mostra de Teatro Clásico de Palimoco Teatro na Praza Maior abre a iniciativa, que inclúe títulos como La dama duende de Mic Producciones, Nada se sabe de Culturactiva, La vida es juego de Ultramarinos de Lucas ou Frío da compañía A Feroz.

Canda a estas, fan parte do cartel El Avaro de Atalaya, Estebanillo González de Teatro Guirigai, Mala vida e pior morte de Ricardo III de Producións teatrais excéntricas, El viento es salvaje de Las niñas de Cádiz e Casa de Muñecas de Secuencia 3.

Las locuras para el veraneo de Noviembre Teatro e Teatro Español, Mulleres que viven soas de Berrobambán, e Tebanas da Compañía Ay Teatro completan o programa. As entradas para a Mostra, a oito euros para público adulto, están dispoñibles no web do Entradaslugo.es.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Mulleres, Montaxes...