A Mostra de Teatro Clásico de Lugo pon en escena dez montaxes

Logo de comezar o seu programa este 2 de marzo, a cita continúa ata o vindeiro 17

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Mostra de Teatro Clásico de Lugo pon en escena dez montaxes

Con Burro de Ay Teatro, abría o pano este 2 de marzo a XXIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo. O programa achegará un total de dez obras ao Auditorio Municipal Gustavo Freire ata o vindeiro día 17. Logo da segunda función, Anónimo de Hilo Producciones, o día 4, a Mostra continuará a súa actividade este xoves 7 con Mañanas de abril y mayo de Teatro de Malta, que leva a escena unha comedia de Calderón de la Barca adaptada por Carolina África.

Vania Producións achega á cita El perro del hortelano, de Lope de Vega, adaptada e dirixida por Paco Mir este 8 de marzo. O Abre el ojo de Zorrilla chega ao palco da man de Noviembre Compañía de Teatro o día 9. Unha adaptación a títeres e teatro de obxectos de O Crebanoces, a partir do conto de Hoffmann, será a achega de Larraitz Producións Artísticas á cita no día 10.

A Companhia do Chapitô incorpora Shakespeare ao programa coa súa versión de Julio César o día 14, mentres Las Niñas de Cádiz atrévense cunha versión libérrima de As Bacantes baixo o título Las bingueras de Eurípides o 15. As últimas sesións da Mostra, os días 16 e 17 serán La Toffana de La Quintana Teatro, coproducida polo Centro Dramático Galego, e mais Esperando a Will de Egos Petits, que fechará o programa.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Montaxes, Comedia...

Claves

Protagonistas