A XXIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo medra ata as 14 funcións

Celébrase entre os días 3 e 26 de marzo no auditorio Gustavo Freire e na praza da Mosqueira

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A XXIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo medra ata as 14 funcións

Con dúas funcións a maiores fronte á edición anterior, a XXIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo achega 14 representacións na Cidade da Muralla entre os días 3 e 26 de marzo. O prorgrama desenvolverase entre o Auditorio Municipal Gustavo Freire e a praza da Mosqueira, que acollerá espectáculos para público familiar.

No programa, destacan as pezas de Shakespeare, que protagoniza Os contos de William Shakespeare, da compañía gallega Pedras de Cartón, e mais I love Catalina de Hilo. Tamén Sófocles conta con dúas obras en cartel, o monólogo Iphixenia na porta do súper de Alba Caneda e mais Electra, de Atalaya.

La Griot'te abre o programa co seu musical Jácara para un pícaro o la España negra. Tamén arredor da música, Píscore Teatro achega Molto barroco o día 5, a xogar coa música desta época. Tamén Yllana co seu Maestrissimo combina comedia satírica cun concerto de cámara o día 10.

Vive Moliére de Ay Teatro, Justina y Jacinta de Teatro del Cuervo ou o inédito de Lope de Vega El animal de Hungría, a cargo de EscénaTe fan tamén parte do programa.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Cidade da Muralla, Shakespeare...