Shakespeare acapara o cartel da XII Mostra de Teatro Clásico de Lugo

A cita terá lugar no Auditorio Gustavo Freire do 5 ao 14 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle do cartel

Detalle do cartel

O vindeiro 5 de febreiro arrinca unha nova edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Un ciclo que este ano está marcado polo peso destacado no cartel da influencia do dramaturo inglés William Shakespeare. Tres das cinco obras programadas son adaptacións ou versións das súas obras. Arrinca a cita co Macbeth, nunha versión de Ana Pimenta, despois unha adaptación cómica do dúo Mofa e Befa que presentan o seu Shakespeare para Ignorantes e, por último, Sarabela Teatro leva a escena a obra de Álvaro Cunqueiro, O incerto señor don Hamlet, moi influído polo texto do dramaturgo inglés. Completa o programa, Nao D’amores Auto de la Sibila Casandra e a versión de Eduardo Galán de La Celestina. Todas as funcións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Shakespeare, Teatro, Lugo, Álvaro Cunqueiro...