Títulos clásicos e caras coñecidas forman o cartel da Mostra de Teatro Clásico

Lugo clásico

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
¿Hai algún dramaturgo máis clásico que Shakespeare? Posiblemente non, por iso a Mostra de Teatro Clásico de Lugo programa dúas obras do dramaturgo inglés. Por unha banda “Teatro del Olivar” presenta a un “Macbeth” sobrio e que contará coa presenza Eusebio Poncela e, pola outra, os vascos Ur Teatro ofrecerán a súa versión de “A tempestade”. Completa o programa Morboria Teatro con “O lindo don Diego” de Agustín Moreno, a compañía José Estruch con “Castelvines e Monteses”. Cada función do ciclo, que terá lugar do 24 ao 29 deste mes, ten un prezo de seis euros, aínda que existe a posibilidade de mercar un bono (18 euros) para asistir a todas as funcións.

Máis información no web do Concello de Lugo e en El Progreso

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Clásicos, Shakespeare, El Progreso...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares