Os textos clásicos chegan a Lugo da man da IX Mostra de Teatro

Unha obra de Moratín inicia as representacións que se sucederán ata o domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Hamlet de Willian Shakespeare é a obra máis representada no mundo. E hoxe volverá aos escenarios no marco da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. O encontro, que se sucede ata o domingo, comezou onte coa representación de A comedia nova ou o café de Leandro Fernández de Moratín. A novena edición deste encontro permitirá ver obras do dramaturgo británico (tamén se representará Romeo e Xulieta), de Calderón de la Barca ou de Lope de Vega. Todas as funcións desta edición teñen lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Clásicos, Shakespeare...