Cunhas eleccións municipais polo medio o Concello de Lugo ven de recuperar unha das programacións icónicas da cidade das murallas. A Mostra de Teatro Clásico volve figurar como tal tras a súa disolución dentro da programación escénica o pasado ano. Agora a Mostra volve coa forza e formato que tivo durante 18 anos e que a converteron nun dos programas estables máis coñecidos da xeografía galega. Dando como boa a particular edición do ano pasado que nunca chegou a presentarse como XIXª a actual concelleira da área cultural, Maite Ferreiro, presentou a XX Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 10 representacións que se estenderán durante todo o mes de marzo, cinco delas obras de compañías galegas. As adaptacións de obras de William Shakespeare son maioría nun cartel no que tamén están so clásicos do Século de Ouro e mesmo a traxedia grega.
Producións Teatrais Excéntricas presentará por partida dobre Complexo de Edipo, baseada na obra de Sófocles e Medida por Medida sobre o libreto de Shakespeare, ambas dirixidas por Quico Cadaval. Estudo Momento, baixo a dirección de Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares e coa interpretación de Xoán Carlos Mejuto, Luís Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo traerán Macbeth. O Ruído e a Furia, de William Shakespeare, coa adaptación en verso de Manuel Lourenzo. Para o público familiar a compañía Pedras de cartón, baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola levarán a escena o Lázaro de Tormes. Ibuprofeno teatro representarán Casa O´Rei, de Santiago Cortegoso, un xogo escénico e dramatúrxico que parte do Rei Lear de William Shakespeare, ambientando nunha típica casa de comidas galega o drama sucesorio daquel clásico.
A XX Mostra de teatro clásico comezará o venres, 6 de marzo ás 20:30, con As Bruxas de Macbeth, de Antonio Álamo, interpretada por Atalaya Teatro / Centro Internacional de Investigación Teatral TNT. A Mostra remata o domingo 22 de marzo, con Ricardo III de William Shakespeare, versión libre de Miguel del Arco e Antonio Riojano interpretada por El Pavón Teatro Kamikaze, Premio Nacional de Teatro 2017, coa dirección de Miguel del Arco e Álvaro Báguena, Chema del Barco, Israel Elejalde, Alejandro Jato, Verónica Ronda, Cristóbal Suárez e Manuela Velasco no escenario.