A axenda cultural do Goberno de Lugo ata xuño deste ano para o Auditorio Municipla Gustavo Freire non contempla a celebración como tal da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que este ano celebrarÃa a súa XIXª edición en febreiro. A decisión tomada desde o consistorio foi de englobar e distribuÃr as representacións correspondentes ao que serÃa esa Mostra, dentro do Programa de Artes Escénicas do Auditorio ao longo do semestre. Polo tanto non haberá unha promoción propia da marca "Mostra de Teatro Clásico de Lugo" con dezaoito anos de tradición ás costas na exhibición teatral en Galicia e que sempre se celebrabe ao longo de algo máis dun mes en febreiro. O que si seguirá habendo no escenario municipal da cabeceira provincial lucense será teatro clásico, malia que en menor número de representacións das que eran habituais coa citada Mostra . O programa, presentado o pasado venres pola concelleira Carmen Basadre ofrece dentro da programación teatral prevista para o semestre, catro obras consideradas de “teatro clásico” e para as que será posible adquirir un abono conxunto e aos mesmo prezos que eran habituais da Mostra. O 9 de febreiro subirá ao escenario do Auditorio Municipal Lolita Flores, como protagonista de Fedra; o 13 de abril será o momento de Shakespeare coa representación de Rey Lear por Atalaya Teatro; a obra Commedia da compañÃa Contraproducións, levará a súa celebración de aniversario a este ciclo teatral clásico do programa escénico lucense o 2 de maio. Ese mesmo mes, o dÃa 25, se pechará a presenza "clásica" coa actuación da CompañÃa de danza de Rafael Amargo co espectáculo Dionisio.