Ramón Piñeiro foi un dos máis importantes personaxes do galeguismo polÃtico e cultural en Galicia tras o remate da Guerra Civil. Foi un home de culto entre as novas xeracións galeguistas que agromaron durante a longa noite franquista, pero espertarÃa tamén receos entre o nacionalismo no exilio e as novas organizacións nacionalistas en Galicia. Admirado ou cuestionado Ramón Piñeiro ocupa, sen dúbida, un lugar relevante na recente Historia de Galicia. Ata o dÃa das Letras, Culturagalega.org achegará cada xoves máis contidos sobre esta figura aÃnda moi descoñecida.
Ramón Piñeiro López nace no Concello de Láncara (Lugo) en 1915. De orixes humildes, estuda o bacharelato elemental na cidade de Lugo. De precoz vocación polÃtica, a lectura de xornais como El Pueblo Gallego axudarÃan a consolidar o seu pensamento galeguista. Coa chegada da Segunda República (1931) Ramón Piñeiro contribúe á fundación das Mocidades Galeguistas en Lugo, tendo unha activa participación polÃtica durante a etapa republicana. Ao rematar a Guerra Civil realiza os estudios de FilosofÃa e Letras nas Universidades de Santiago de Compostela e Madrid, ao tempo que participa na reorganización clandestina do galeguismo. Ramón Piñeiro actuará como enlace entre os galeguistas do interior e os que se viran obrigados a se exiliar. En 1946, ao seu regreso de ParÃs, foi detido pola policÃa franquista, sometido a xuÃzo e posteriormente condenado a seis anos de cárcere.
A cadea: un punto de inflexión
Estivo nos penais de Alcalá de Henares (Madrid), Ocaña (Toledo) e YeserÃas (Aragón). Piñeiro só cumpriu na cadea tres dos seis anos aos que foi condenado pero iso marcouno fondamente. Non tanto no seu pensamento polÃtico, xa solidamente constituÃdo, senón na súa personalidade. Ao saÃr da cadea establécese en Santiago. A vÃa culturalista que patrocina nos anos cincuenta terÃa como obxectivo asegurar que os alicerces fundamentais da cultura galega penetraran nas novas xeracións, tendo como realización máis destacada a fundación da Editorial Galaxia en 1950; ano no que se disolvÃa o Partido Galeguista, como sÃmbolo da adopción da nova etapa cultural.
Ora ben, a posición culturalista rematarÃa levando a Ramón Piñeiro a unha modificación substancial dos que ata daquela foran os principios do galeguismo. En efecto, para Piñeiro o obxectivo fundamental era acadar a galeguización xeral da sociedade. Deste xeito, o galeguismo conseguirÃa impregnar a todos os sectores polÃticos, non sendo necesaria a existencia dun partido exclusivamente nacionalista. Esta vÃa supuña unha renuncia explÃcita ao nacionalismo polÃtico, ao tempo que asegurarÃa o mantemento dunha comunidade cultural galega. De igual forma, o piñeirismo observaba con bos ollos a creación en Galicia de partidos polÃticos socialdemócratas ou democristiáns semellantes aos existentes no resto da Europa occidental, o mesmo Piñeiro participarÃa en 1963 na creación do Partido Socialista Galego.
Nos anos 50 e 60 a figura de Ramón Piñeiro convértese en referente ineludible para as novas xeracións de galeguistas, que atopan acubillo na súa casa de Santiago de Compostela. Foi entón cando nace o mito da “mesa camilla”, o lugar obrigado de encontro dos galeguistas e intelectuais do momento.
Foi a mediados dos sesenta cando Piñeiro retoma a súa vocación docente, a mesma que quedara interrompida como consecuencia da súa detención e encarceramento. Convidado pola Universidade de Middelbury, nos Estados Unidos, imparte dous cursos sobre o pensamento español. Viaxa por toda Norteamérica onde mesmo chegou a participar no VI Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros que se desenvolveu nas universidades americanas de Harvard e Columbia, nunha sesión sobre as literaturas galega, portuguesa e brasileira. Desas viaxes por Estados Unidos, mesmo foi acusado pola esquerda nacionalista de colaborar coa CIA.
Coa morte do xeneral Franco (1975) e a transición á democracia, Ramón Piñeiro terÃa novamente un destacado papel. A finais dos 70 funda con outros intelectuais galeguistas o grupo "Realidade Galega", co obxectivo de que Galicia obtivese un Estatuto de AutonomÃa en igualdade de condicións que as outras nacionalidades históricas. Malia que o seu nome apareceu en numerosos xornais da época como candidato ideal para presidir a Xunta de Galicia só foi deputado como independente nas listaxes do PsdeG-PSOE pola provincia da Coruña. Posteriormente, en 1983, convertiuse no primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, por elección dos seus membros. Ocupou este cargo ata a súa morte, en agosto do ano 1990.
Ramón Piñeiro ocupou un lugar destacado na Historia da Galicia da segunda metade do século XX. O relativo descoñecemento da súa figura procede das condicións nas que el, e outros moitos homes e mulleres, se viron na obriga de actuar por mor da dictadura franquista.