A RAG designa a Ramón Piñeiro como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009

Homenaxes ao redor da mesa camilla

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O 2009 promete ser un ano de debates culturais. Só dezaoito anos despois da súa morte, a Real Academia Galega designou o sábado ao intelectual Ramón Piñeiro como figura central do Día das Letras Galegas 2009. A figura de Piñeiro foi sempre controvertida: activo membro da xeración que ficou no "exilio interior", pola súa mesa camilla pasaron boa parte das novas xeracións da intelectualidade e política de signo galeguista que comezou a alborexar en Galicia a finais dos 60 e pódese percibir a súa presenza nunha significativa parte das actividades culturais que mantiveron acesa a chama da cultura e da lingua galegas durante o franquismo. Ramón Piñeiro, que tivo participación política nos primeiros tempos do Estatuto de Autonomía e foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, é unha figura central para coñecer o proceso de evolución, modernización e institucionalización da nosa cultura neste século.

inmerso no debate político

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Día das Letras Galegas, Estatuto de Autonomía, Morte...