Calendario de Festas Tradicionais Galegas 2026

O contido de Culturagalega.gal pódese integrar nas axendas persoais mediante Google Calendar

  • Xa está dispoñible na rede o Calendario de Festas Tradicionais Galegas de Culturagalega.gal para 2026. A ferramenta permite saber as datas de celebración de festividades como Entroido e das principais romarías con data variable que se celebran no...

Agadic axusta á alza as axudas a festivais audiovisuais

Sube o orzamento ata os 310.000 euros e mantén as mesmas condicións de acceso

  • O Diario Oficial de Galicia deste 22 de decembro publica a convocatoria de axudas á realización de festivais de cinema de carácter profesional por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. Esta liña ven de incrementar ...

Os Premios Gran de Area galardoan 12 proxectos arquitectónicos de Pontevedra e Ourense

Os recoñecementos do Colexio de Arquitectos recibiron 60 propostas a concurso

  • As delegacións de Pontevedra, Ourense en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) daban a coñecer este 16 de decembro a resolución dos premios Gran de Area, cos que recoñecen "o traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construt...

Quiosco: Comunica nº 10

A nova entrega da revista anual da Asociación de Periodistas de Galicia inclúe o informe 'O estado da innovación na comunicación en Galicia'

  • A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) ven de presentar e difundir o número 10 da revista anual Comunica, dedicado neste ao estado da innovación na comunicación en Galicia. A nova edición de Comunica inclúe o informe 'O estado da innovaci...

Agadic convoca as axudas ao talento audiovisual

A Xunta mantén inalterable o orzamento das dúas anteriores convocatorias

  • O Diario Oficial de Galicia deste 16 de decembro publica a convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego. Esta liña de axudas, que ten o prazo aberto dun mes, mantén o orzamento inalterable da...

A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"

  • Santiago de Compostela perde un dos seus espazos culturais de referencia na que era a súa segunda oportunidade. Tras albergar desde 1992 e ata 2011 unha parte importante da actividade cultural máis alternativa de Galicia, sendo espazo de residencia...

Demo Editorial lanza dous novos títulos de BD de cara ao Nadal

Mario Ezequiel Casas debuta na novena arte con A lenda de Santoro

  • Continúan os lanzamentos de banda deseñada de cara ás festas do Nadal. Desde a coruñesa Demo Editorial están a chegar ás librarías Severina e a raíña dos ratos , de Inés Vázquez, e O eco dos días rotos de Alberto Taracido. Inés Vázquez ...

Un xogo de té en coiro e cerámica gaña o Premio de Artesanía

A peza é unha colaboración entre os obradoiros de Alberto Lista e Coiro Tres Pés

  • Unha peza elaborada de xeito colaborativo entre un obradoiro de cerámica e outro de coiro ven de facerse co Premio de Artesanía de Galicia 2025. O xogo de té en funda de coiro Nemein, creado entre o obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Mal...

Desaparece a asociación Fillos de Galicia, pioneira da Internet galega

Os webs da entidade poderán seguir consultándose a xeito de arquivo

  • Logo do acordo tomado o pasado 28 de xullo en asemblea, a Asociación Cultural Fillos de Galicia deixa de existir legalmente. A entidade, pioneira da Internet galega, desenvolveu múltiples iniciativas desde 1997, como o portal que lle dá nome e que...

Cris Balboa representa a Galicia en Bruxelas con 'Roland, mon amour'

A artista foi seleccionada por Europalia dentro dunha mostra das culturas emerxentes periféricas do Estado

  • O espectáculo 'Roland, mon amour' de Cris Balboa, representará á cultura galega emerxente no Festival Territorio en Bruxelas este vindeiro xoves, 27 de novembro. A trixésima edición deste evento organizado por Europalia que busca amosar as artes...

Ángeles Tilve será a nova directora do Museo de Pontevedra

A Deputación Provincial seleccionou a persoa que xa estaba a ocupar o posto de maneira interina

  • A Deputación de Pontevedra daba a coñecer na mañá deste 24 de novembro o nome da que será a vindeira directora do Museo de Pontevedra. O tribunal do proceso de selección aberto que a entidade abriu o pasado mes de setembro seleccionou a Ángele...

Doce proxectos reparten os 300.000 euros do programa Territorio Cultura

A liña de subvencións levará actividades culturais a 60 concellos rurais do país

  • A Consellería de Cultura daba a coñecer este 10 de novembro a resolución da liña de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, Territorio Cultura. Un total de 12 proxectos reparten os 300.000 euros de orzame...

Cantareiras nas cidades do silencio (II)

As urbes galegas pasaron de ser espazos marxinais a auténticos focos de recuperación da música tradicional

  • Malia a seren durante anos un contexto hostil ao desenvolvemento da cultura tradicional, as cidades galegas foron e son espazos clave para a recuperación deste patrimonio. Desde as iniciativas que comezaron a valorizar o labor da cantareiras ata os ...

O foro de deseño achégase aos debates de actualidade e a aplicación empresariais e sociais

A Cidade da Cultura acolle este encontro bienal no que participan destacados deseñadores

  • O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe o foro bienal de deseño FEED, organizado pola Asociación Galega de Deseño co obxectivo de achegarse á actualidade das disciplinas do deseño e das persoas que tra...

Danse a coñecer os Premios da Cultura Galega 2025

Recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico 'Sempre en Galicia'

  • O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os oito recoñecementos desta edición. Editorial Galaxia, no eido de Letras; a recuperada Bienal de Pontevedra, na categoría de Artes Visuais; a mostr...

O TSXG exime a o Concello de Vigo de pagar polo concerto de Guns 'N Roses

A Sala destaca que "os tratos previos á contratación non vinculan á Administración en materia de contratación pública"

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de revogar a sentenza que condenou ao Concello de Vigo a pagarlle á promotora Sweet Nocturna 1.563.000 euros -máis IVE e intereses- polo concerto que Guns N' Roses ofreceu no estadio municipal de...

Filmes de dez países no palmarés do Curtas festival de Vilagarcía

'Hippocampus' de Xaime Miranda con guión de Nuno Pico gaña na sección Galicia

  • 'Hippocampus', a curtametraxe de Xaime Miranda con guión do director e Nuno Pico (Grande Amore) resultou a gañadora na sección de curtas galegas da 53 edición de Curtas festival do imaxinario de Vilagarcía de Arousa. A película, protagonizada p...

Belém Tajes gaña o XVIII Concurso Fran Pérez "Narf"

O xurado seleccionou a súa proposta sobre as dos finalistas Marián e o grupo Vimbio

  • Belém Tajes é a gañadora do XVII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. O ditame do xurado, que valorou o risco á hora de facer ponte entre a música galega e latinoamericana, ademais dos...

A Xunta abre para consulta o Catálogo de bens de valor cultural no litoral

Pódense facer suxestións ao documento entre o 29 de outubro e o 1 de decembro

  • O Portal de Transparencia da Xunta de Galicia ten dispoñible para consulta o Catálogo de bens de valor cultural no litoral. Este documento, que dá conta de preto de 1.600 elementos de interese patrimonial existentes na nosa costa, está aberto a s...

O Hematofesti volverá encher Vigo de humor coa súa proposta

Ao longo de cinco intensos días acollerá a figuras destacadas do humor, a literatura, o cine, a música, a cultura e a creatividade

  • ...ez, Diego Estebo, Bea Lema, Carmen Pintos, Iván R., Natalia Umpiérrez, Bea Gregores, Rena Ortega ou Berto Fojo. Dentro deste ámbito, nesta edición incorpóranse as presentacións de obras infantís, cos autores Antonio Manuel Fraga, Lois Pérez, Gabriel ...