O Diario Oficial de Galicia deste 22 de decembro publica a convocatoria de axudas á realización de festivais de cinema de carácter profesional por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. Esta liña ven de incrementar a súa contÃa por vez primeira en varios anos, axustando a suba a valores próximos á inflación ao subir 10.000 euros respecto aos últimos anos chegando deste xeito aos 310.000 de orzamento total que se distribuirán en tres anualidades.
Estas axudas a festivais audiovisuais están destinadas a eventos que se realicen entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026. Para ser seleccionados, os eventos deberán ter unha duración mÃnima de catro xornadas e contar, cando menos, con 20 sesións de proxeccións. As solicitudes están restrinxidas a eventos que teñan realizado cando menos tres edicións consecutivas nos anos anteriores a aquel para o que se solicita a axuda. Ademais, o programa debe conter "un cinco por cento de tÃtulos ou cinco sesións de produción cinematográfica galega ou de dirección galega". Cada festival poderá beneficiarse dun máximo de 50.000 euros. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 22 de xaneiro. Da anterior convocatoria beneficiáronse 10 festivais dos que se clebran na comunidade.