A Agadic reparte 280.000 euros entre 12 festivais de artes escénicas

Dúas novas citas reciben o apoio desta convocatoria de subvencións, que incrementou nun 30% o seu orzamento

  • Un total de doce festivais profesionais de artes escénicas reparten as subvencións que a Axencia Galega das Industrias Culturais lle dedica a estas citas. En total os 280.000 euros de orzamento con que conta esta convocatoria apoian a realización ...

Identifican Gallaecia como a provincia romana con "máis evidencias da produción de sal mariña"

Os resultados foron publicados na revista Quaternary Science Reviews

  • ...nzada, os restos da ría de Vigo como O Areal, ou os diferentes xacementos escavados recentemente en Oia. Para os investigadores, toda esta explotación de sal debe ser conectada co gran número de factorías de procesado de peixe das Rías Baixas que moi...

Constitúese a rede de espazos literarios de Galicia

A nova asociación reúne a 18 entidades entre fundacións e casas museo

  • A sede da Fundación Rosalía de Castro de Padrón serviu de escenario para a asemblea constituínte da Religa, a nova asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia. A creación desta rede era un obxectivo desde o pasado ano tras un en...

O festival WOS renuncia a facerse este ano

A organización xa mira cara o 2025 con posibles cambios sen determinar

  • O festival WOS non celebrará este vindeiro setembro nin ao longo do ano a que sería a súa oitava edición. Así o fixo público onte por un comunicado a súa empresa organizadora, Work On Sunday. Esta anulación preséntase como "unha pausa", e si...

Case noventa escritores en tres días na Feira da Cultura EnCaMiño

A terceira edición do evento en Miño ofrecerá máis de vinte actividades culturais

  • A localidade coruñesa de Miño acollerá un amplo programa literario na terceira edición da Feira da Cultura EnCaMiño, que terá lugar entre os días 19, 20 e 21 de xullo. O evento reunirá a case noventa escritores, entre os que destacan nomes co...

As Letras Galegas de 2025 serán de literatura e música

A RAG dedicará a homenaxe ao cancioneiro popular personificado nas cantareiras

  • Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar -as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década-, personificarán para a R...

Comeza a residencia literaria Cidade da Cultura

Irene Solà e Brais Lamela apoiarán os dez creadores seleccionados

  • A residencia literaria Cidade da Cultura comezou a andar na súa nova edición. Dez aspirantes foron seleccionados entre oitenta e tres propostas enviadas. A residencia está dirixida polo escritor Javier Peña e contará coa participación de Irene ...

A catalá María Girón gaña o Premio Compostela para Álbums Ilustrados

O xurado elixiu o proxecto 'Bim, bam, bum' entre os 218 presentados dunha vintena de países

  • A autora e ilustradora catalá Maria Girón foi seleccionada gañadora do XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados polo proxecto presentado co lema 'Bim, bam, bum'. O xurado elixiu a obra de Girón de entre os 218 proxectos presen...

Pedras que agachan grandes silencios

Localizan unha aldea e castelo medievais nas proximidades da aldea da Cela (Lobios)

  • O topónimo Fraga Raxada resume ben a paisaxe espectacular dun novo xacemento arqueolóxico descuberto na parroquia de A Cela (Lobios, Ourense). Un monte de penedos no que a tradición oral situaba unha Casa dos Mouros e no que os arqueólogos acaban...

Vintenove compañías reparten as axudas á creación de artes escénicas

Esta liña de axudas apoia sete propostas de novas formacións, cinco pezas de danza e 15 espectáculos de teatro, circo e maxia

  • A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia fixo pública a resolución de concesión da súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, a través da que contribúe con 800.000 euros á produción dos novos e...

Apoio entre fundacións para consolidar unha cultura da arquitectura e o deseño

A fundación de Marta Ortega financiará a de David Chipperfield para perseguir estes obxectivos

  • A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de asinar un convenio polo cal apoiará economicamente a actividade da Fundación RIA, a entidade promovida polo arquitecto británico David Chipperfield en Galicia. O anuncio deste acordo entre entidades ci...

A RAG recoñece a recollida de microtoponimia dun topógrafo xubilado

Modesto García Quintáns compilou 8.000 nomes de lugar do Concello de Dumbría

  • O Centro Social de Dumbría acollía este 19 de xuño unha singular homenaxe. A Real Academia Galega e a Xunta de Galicia agradecíanlle publicamente cun diploma a Modesto García Quintáns o seu destacado traballo de recolla de topónimos e microtop...

San Martiño Pinario recupera o seu pavillón historicista

O espazo terá usos culturais, museísticos e expositivos

  • O mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, conta desde este 18 de xuño cun novo espazo para exposicións e usos culturais. Representantes do Goberno Central, da Xunta e do Arcebispado inauguraban nesta data a restauración do ant...

Vigo seleccionou oito proxectos expositivos para a Casa das Artes e a Casa da Cultura

Un total de 55 propostas participaron na convocatoria aberta para configurar esta programación

  • O Concello de Vigo deu a coñecer 17 de xuño os oito proxectos expositivos que conformarán a programación da Casa das Artes e da Casa Galega da Cultura ata o final de 2025. As propostas foron escolleitas a partir dunha convocatoria aberta entre 55...

Unha nova plataforma reclama a protección do patrimonio industrial de Vigo

Beiramar da Xente programa un paseo reivindicativo polas naves abandonadas do Berbés este 16 de xuño

  • Ante a vindeira aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, acaba de se constituír na cidade a plataforma Beiramar da Xente, que reivindica a protección e uso cidadán do patrimonio industrial local. Os colectivos A. C. As da Indust...

O custe de facerse unha sauna

A nova campaña no castro cedeirés do Sarridal amosa que foi preciso destruír parte do poboado para construír o monumento en plena Idade do Ferro

  • "A verdade é que levamos unha sorpresa", di o arqueólogo Emilio Ramil, ao explicar os achados da nova campaña arqueolóxica que acaba de rematar no castro do Sarridal (Cedeira). Este xacemento, que ten unha dilatada secuencia de ocupación entre a...

Teatro da Ramboia participa no Festival LINGUA en Barcelos

A compañía galega fai parte do programa deste evento centrado no teatro en linguas minoritarias

  • O Theatro Gil Vicente, na localidade lusa de Barcelos, acolle desde hoxe venres a segunda edición do LÍNGUA – Festival Internacional de Teatro em Línguas Minoritárias no que haberá representación da escena teatral galega. Será este sábado c...

Toda a historia que pode entrar en 16 hectáreas

Un recinto arqueolóxico en Vilar de Barrio permite identificar unha colosal fortificación da Idade do Bronce e un asentamento temporal ligado ao primeiro dominio romano da Limia

  • "Téñome que mover en 4x4 para ir de sondaxe en sondaxe, dentro do mesmo recinto arqueolóxico, porque senón perdo o día!". Así explica cunha brincadeira Martiño X. Vázquez, arqueólogo da empresa Solventa (Grupo Cooperativo Xeitura) as extraor...

O concello de Boiro restaura a capela do pazo de Goiáns

É o seguinte paso trala recuperación do inmoble principal

  • O concello de Boiro iniciou as obras de restauración da capela do pazo de Goiáns, un pequeno edificio do século XIX construído dentro do recinto desta casa solariega, aínda que incorpora algúns elementos de épocas anteriores. A documentación ...

A convocatoria de subvencións a salas de concertos reduce o seu orzamento

A nova edición xa non estará financiada con cargo a fondos europeos e perde 200.000 euros

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ven de publicar no Diario Oficial de Galicia a súa convocatoria bienal de subvencións da Rede Galega de Música ao Vivo, que destina 400.000 euros á programación 2024-2025 das salas privadas que integ...