Ante a vindeira aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, acaba de se constituír na cidade a plataforma Beiramar da Xente, que reivindica a protección e uso cidadán do patrimonio industrial local. Os colectivos A. C. As da Industria, A.V.V. Curva de San Gregorio, Asociación de comerciantes Barxa de Buíde, Defensa Parque García Picher, Amigas das Árbores Vigo, Asociación Cultural Vila De Bouzas, Vigo Baleiro e Newt Crafts conforman o novo colectivo.
Como actividade de presentación, a entidade convoca para o vindeiro 16 de xuño un roteiro reivindicativo que percorrerá algún dos fitos e elementos máis representativos dese patrimonio pola costa olívica. Ademais de coñecer estes espazos, durante o percurso colocaranse placas informativas nalgúns dos inmobles máis destacados do percorrido, como as instalacións de Alfageme, Cardama, Cerqueira, Barreras, Fribesa ou Frigodis a explicar a historia destas industrias.
O evento contará coa guía de integrantes de Amigas das Árbores, Anxo Vila (A. V. Curva de San Gregorio), David Amoedo (Tranvías Eléctricos de Vigo e As da Industria), Mariña López (Museo da Conserva) e Puri Pérez Leiros (Bouzas olladas salgadas).
A entidade reclama a recuperación das construcións localizadas no polígono de Beiramar-Jacinto Benavente, creado nos anos 50 e que albergou empresas pioneiras como Pescanova, FribesaFriVigo, Frigodis, Molagón, Freiremar, Flex ou Pescapuerta, que revolucionaron a pesca de altura e o emprego do frío industrial nesta actividade.
Boa parte destas industrias deixaron no lugar instalacións que, segundo Beiramar da Xente "supuxeron a entrada das novas formas das vangardas e do movemento moderno na arquitectura industrial da cidade, presentando características propias como conxunto, como son as plantas baixas de bloque de pedra ou a construción en altura".
A entidade reivindica a recuperación destes espazos a harmonizar o seu uso público co desenvolvemento de espazos residenciais. Centros culturais, a nova biblioteca estatal, prazas públicas ou locais de ensaio para música e artes escénicas son algunhas das propostas que a plataforma reúne no seu web.
Mapa do patrimonio industrial de Bouzas, o Areal de Coia e Beiramar. Fonte: Beiramar da Xente