O festival WOS non celebrará este vindeiro setembro nin ao longo do ano a que serÃa a súa oitava edición. Asà o fixo público onte por un comunicado a súa empresa organizadora, Work On Sunday. Esta anulación preséntase como "unha pausa", e sinala ao 2025 como obxectivo dunha reaparición que tamén implique unha evolución do festival tras un proceso que presentan como "repensar WOS en todas as súas dimensións". O festival de pequeno formato e que se celebraba disperso en varios espazos da capital galega, é un referente no que ten que ver coa música electrónica e de vangarda, asà como das artes visuais que acompañan estes xéneros a xeito performativo. Durante estes anos ofreceu un cartel no que presentaban propostas da escena internacional contemporánea sempre co común denominador do "risco, a innovación e a exploración" Durante estes anos recibiu algúns recoñecementos a nivel internacional, asà nos Iberian festival Awards de 2023 o WOS Festival x SON Estrella Galicia, recollÃa o premio a mellor festival español levado a cabo en recinto pechado no ano 2022 e antes que iso, en 2018 e nos mesmos galardóns recibÃa o premio á Mellor Promoción TurÃstica pola súa edición dese ano, que tamén levou o premio a mellor Festival Indoor de Europa nos European Festival Awards.
"Queremos explorar novos formatos, novos escenarios e novas sinerxÃas de cara a 2025", explican desde a organización no seu comunicado o cal deixa aberta a interpretación de que o seu futuro poderÃa estar nunha localidade diferente a Santiago de Compostela. As mudanzas e dificultades do actual contexto da xestión deste tipo de eventos aparece, segundo a organización como o factor que explica esta "pausa". "Nos últimos tempos - explican- o contexto no que se desenvolve o festival cambiou drasticamente. Os custos aumentaron considerablemente e os prazos de planificación reducÃronse", apuntan sinalando os problemas cos que se enfrontan á hora de poder pechar coa necesaria antelación toda a produción e contratatións que un festival internacional como este precisa. "Nestas condicións, resúltanos moito máis difÃcil que o proxecto teña a calidade que desexamos e que o noso público merece", conclúen. Non é o primeiro festival de Galicia que este ano renuncia levarse a cabo por motivos semellantes, o Season Fest de Gondomar tamén anunciou a mesma vontade fai poucas semanas. A organización do WOS non deixa de agradecer o apoio das institucións públicas Xunta, Deputación Provincial da Coruña e Concello de Santiago asà como do seu principal patrocinador SON Estrella Galicia "por comprender a decisión e apoiala". E non deixan de mandar un mensaxe ao seu público: "volveremos a vernos, con máis ganas se cabe, moi pronto".