Premio para o 17° Ribeira Sacra nos Iberian Festival Awards

Gaña na categoría de mellor festival pequeno da península en 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Foto: Mattias Monsterkid

Foto: Mattias Monsterkid

O Festival 17º Ribeira Sacra da promotora i-radia Crea ven de acadar por cuarto ano consecutivo o premio a Mellor Festival de Pequeno tamaño da península ibérica no 2024, un galardón ao que era finalistas nos Iberian Festival Awards. Estes premios que recoñecen a calidade e a innovación na industria dos festivais de España e Portugal celebraron esta fin de semana a súa gala de entrega en Almancil, Portugal. De alí tamén saiu a empresa Esmerarte cun premio peninsular á mellor cobertura en vídeo dun festival, grazas ao seu traballo de produción propia na pasada edición do Portamérica, que eles mesmos promoven. A actuación da banda californiana Green Day na pasada edición de O Son do Camiño acadou o premio a mellor actuación de artistas internacionais en España en 2024.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribeira Sacra, Portugal, Son do Camiño, Portamérica...