Festival 17º Ribeira Sacra Foto: Mattias_Monsterkid
A décima edición dos Iberian festival Awards, galardóns que premian a excelencia dos festivais musicais da península ibérica, ven de recoñecer por cuarto ano consecutivo ao 17º Ribeira Sacra como o Mellor festival de pequeno tamaño da península ibérica en 2025 e á primeira edición do Bigsound Pontevedra como mellor estrea do 2025 tamén a nivel peninsular. Na entrega destes premios, levada a cabo na illa de Madeira, déronse a coñecer os recoñecementos de todas as diversas categorías que abrangue a convocatoria anual.
Ademais deste premio acadado polo 17º Ribeira Sacra, o festival organizado pola empresa I-radia Crea, sae este ano tamén dos galardóns co recoñecento por ser o que Mellor incidiu na promoción turística a nivel estatal. Tamén nese alcance estatal foron premiadas as recentes edicións dos festivais Atlantic Pride, da Coruña, na categoría de Contribución a Igualdade; o Son Rías Baixas de Bueu, polo mellor servizo de acollemento e recepcióne tamén pola Contribución á sostibilidade; e o Son do Camiño pola mellor cobertura audiovisual (Esmerarte, Prods. Culturais). A mellor fotografía entre os festivais españois foi para Javier Bragado polo traballo feito durante o Son Rías Baixas en 2025.

