Apoio entre fundacións para consolidar unha cultura da arquitectura e o deseño

A fundación de Marta Ortega financiará a de David Chipperfield para perseguir estes obxectivos

20/6/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaSociedade
28 lecturas | Compartido 0 veces
A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de asinar un convenio polo cal apoiará economicamente a actividade da Fundación RIA, a entidade promovida polo arquitecto británico David Chipperfield en Galicia. O anuncio deste acordo entre entidades civís chega poucos días despois de coñecerse a intervención de Chipperfield no ciclo de intervencións programados pola Fundación MOP este verán e a poucos días da apertura da sede da Fundación RIA en Santiago de Compostela, prevista para xullo. A entidade creada en 2017 polo arquitecto británico, Premio Prizker de arquitectura e membro da Real Academia Galega de Ciencias, ten como obxectivos impulsar proxectos arquitectónicos e urbanísticos aliñados coa sostibilidade ambiental, económica e social do territorio.
Grazas ao financiamento achegado desde a Fundación MOP, a Fundación RIA pon en marcha unha nova liña de acción coa que apoiará a distintas administracións públicas no proceso de análises, deseño, planificación e execución de proxectos. O obxectivo é consolidar en Galicia unha cultura da arquitectura e o deseño fundamentada en criterios de sostibilidade e de eficiencia, que incremente a calidade dos espazos habitables. En concreto, nesta liña estanse a desenvolver dúas actuacións principais: asesoramento na convocatoria de concursos públicos e obradoiros formativos con estudantes de arquitectura e outras disciplinas para o reforzo dos seus papeis máis alá do deseño, comezando con un que terá como obxecto de estudo e reflexión os barrios residenciais periféricos de Santiago de Compostela.

Universo culturagalega.gal

26/01/2010

Proximamente

A Barrié achégase á fotografía e á arquitectura da man de Català-Roca e Chipperfield

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados