Un Pritzker con impacto en Galicia

David Chipperfield desenvolve iniciativas ao redor do desenvolvemento territorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
David Chipperfield.

David Chipperfield.

Onte coñeceuse que o arquitecto británico David Chipperfield (Londres, 1953) fora galardoado co máis prestixioso dos premios da arquitectura, o Pritzker. Aínda que o galardón se concede a unha traxectoria -e a de Chipperfield é dilatada e dividida en moitos países-, o impacto do prestixio do premio tamén afectará a Galicia. Pritzker reside frecuentemente en Corrubedo (Ribeira) e participa dos debates ao redor da sustentabilidade local e a humanización urbanística do Barbanza a través da fundación RIA, promovida por el. De feito, na propia documentación oficial proporcionada pola Fundación Pritzker ao redor da nominación, sinálase que "nos anos recentes, Chipperfield desenvolveu un profundo cariño e devoción pola comunidade de Galicia, unha das rexións máis pobres de España, que paradoxicamente prospera cunha alta calidade de vida. Chipperfield patrocina a investigación, promove ideas e orienta o desenvolvemento futuro fomentando a protección local dos contornos naturais e construídos na ría de Arousa". A fundación RIA, financiada polo arquitecto inglés, adquiriu tamén un local en Santiago de Compostela, que se convertirá na súa sede. As instalacións acollerán proxectos ao redor de tres eixes: planificación urbana, xestión sustentable do territorio e a cultura do deseño arquitectónico e urbano. Pensan acoller estancias de estudantes, residencias de investigación e acordos con "institucións de referencia internacional". Se ben Chipperfield é unha das grandes figuras do deseño internacional, o premio Pritzker incrementará a visibilidade internacional deste novo centro cultural en Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O 'Facer' como motivo

O 'Facer' como motivo

A Casa RIA acolle en Santiago de Compostela a primeira exposición dedicada ao David Chipperfield deseñador

Proximamente

Proximamente

A Barrié achégase á fotografía e á arquitectura da man de Català-Roca e Chipperfield

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Chipperfield, Fundación RIA, Santiago de Compostela, Arquitectura...