O 'Facer' como motivo

A Casa RIA acolle en Santiago de Compostela a primeira exposición dedicada ao David Chipperfield deseñador

10/2/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións

Detalle da exposición

O arquitecto británico David Chipperfield leva 35 anos desenvolvendo obxectos de deseño, pero a primeira exposición monográfica sobre a súa obra aínda se acaba de inaugurar na Casa RIA, en Santiago de Compostela.  "Deseño para vivir" amosa unha escolma do traballo do David Chipperfield Design a partir de obxectos, bocetos, revistas, fotografías dos procesos, materiais ou maquetas. "Tomando como base a reflexión sobre o proceso de deseño, a exposición cuestiona nun momento de cambios sociais e crise ambiental, cal debe ser o papel do deseño de cara empregar os recursos de xeito responsable, reforzando identidades e valores locais", explican na información sobre desta exposición promovida pola Fundación RIA. A mostra estará aberta ata o 30 de xuño. 

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións
Compartir:

"Deseño para vivir" amosa tamén en combinación coas obras do propio arquitecto, as conexións galegas do arquitecto, residente temporal en Corrubedo desde os anos 2000. "A mostra pon en valor a longa tradición galega arredor do "facer", volvendo a ollada sobre modos de produción tradcionais que empregaban como base os recursos tradicionais no territorio e destacando a contribución de empresas galegas innovadoras que traballan a escala global", explican. En paralelo coa exposición ofrecerase un programa de conversas, seminarios e conferencias con profesionais do deseño gráfico, editorial e industrial ou da moda. 


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Chipperfield, Casa RIA, Santiago de Compostela, Crise...

Claves

Protagonistas
Conceptos