DIDAC expón os elementos gráficos da mostra 'Galicia. Procesos e formas' presentada en Porto

Unha escolma de materiais amosa a conformación da exposición que representou a Galicia na bienal portuguesa

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
DIDAC expón os elementos gráficos da mostra 'Galicia. Procesos e formas' presentada en Porto

A Fundación DIDAC presenta desde hoxe na súa sede en Santiago de Compostela a exposición 'Galicia. Procesos e formas. Un percorrido gráfico'. Trátase dunha nova versión da exposición comisariada por David Barro que representou a Galicia na última edición da Porto Design Biennale titulada, 'Galicia. Procesos e formas', na que, a partir de obxectos, exemplos de gráfica aplicada, materiais, produtos innovadores e documentos inéditos, entre outras cousas, trazouse un percorrido por certos aspectos do deseño en Galicia que quedou recollido en dúas publicacións. A selección de traballos que se presentan nesta ocasión é unha escolma do material gráfico que deu forma a mostra. Inaugúrase este marte ás 18:00 horas e poderá verse ata o vindeiro 31 de outubro.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O 'Facer' como motivo

O 'Facer' como motivo

A Casa RIA acolle en Santiago de Compostela a primeira exposición dedicada ao David Chipperfield deseñador

Deseños que nos deron forma

Deseños que nos deron forma

A Fundación DIDAC amosa ata o 16 de decembro Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Barro, Fundación DIDAC, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades