Un percorrido por cen anos de deseño galego xa luce na Porto Design Biennale

Ata decembro o deseño galego protagoniza unha mostra en Matosinhos que recolle o traballo de 140 profesionais e empresas

Ata decembro o deseño galego protagoniza unha mostra en Matosinhos que recolle o traballo de 140 profesionais e empresas
Desde onte está aberta na Galería Municipal de Matosinhos, vila veciña da cidade lusa de Porto, a mostra 'Galiza. Processos e formas', coa que Galicia representa a España como país convidado da Porto Design Biennale. A exposición, comisariada por David Prado, recolle o traballo de 140 profesionais e empresas referentes do deseño galego ao longo do último século dende os anos vinte do século XX ata o presente, é unha coprodución da Porto Design Biennale e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Fundación DIDAC. No evento de inauguración da exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 3 de decembro, participaron a directora da Porto Design Biennale, Magda Seifert; a directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey; os presidentes das cámaras municipais de Porto e Matosinhos, Rui Moreira e Luisa Salgueiro, respectivamente; o presidente da Asociación Galega de Deseño (DAG), Xosé García; e o comisario do país invitado, David Barro.

A Porto Design Biennale é o maior evento bienal de deseño da península ibérica. Galicia, en representación do Estado español, recolle o relevo de Italia e Francia, países convidados nas anteriores edicións 1029 e 2021, en recoñecemento á súa historia no campo do deseño a ás iniciativas de impulso do mesmo desde a Xunta de Galicia a través da Fundación Artesanía de Galicia e outras liñas de acción, ademáis dos esforzos da Asociación Galega de Deseño (DAG)e a Fundación DIDAC, así como as diferentes escolas de de deseños galegas. Este fito pretnde reforzar de xeito significativo a difusión e promoción do deseño galego a nivel internacional e o coñecemento da nosa cultura. A programación galega na bienal inclúe, ademais da exposición de gran formato, un proxecto editorial e unha xornada organizada en colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia. Incluirá un taller con Isaac Piñeiro, gañador na categoría de profesionais do deseño nos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2022, e a artesá Idoia Cuesta, ademais de dúas charlas impartidas por estes e a ceramista Verónica Moar.