O Auditorio de Galicia repasa o deseño do país

Formas do deseño. Galicia XXI poderá verse ata o 23 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Pezas de Tomás Alonso na exposición Formas do deseño

Pezas de Tomás Alonso na exposición Formas do deseño

Un repaso a propostas de deseño que foron realizadas nas últimas décadas, con deseñadores e deseñadoras que cobraron visibilidade xa entrado o século XXI ou que, con actividade previa, continuaron a súa carreira nas primeiras décadas do mesmo. Esta é a proposta de Formas do deseño. Galicia XXI, a exposición que abría onte as súas portas no Auditorio de Galicia e que esta entidade coordina en colaboración coa Fundación DIDAC e que está comisariada por David Barro e Mónica Maneiro.

En total expóñense 300 traballos de máis de 100 deseñadores e deseñadoras galegas dos ámbitos do deseño gráfico, industrial, estratéxico ou multimedia, con nomes como Ventura Cores, Xosé Díaz, Pepe Barro, Lía Santana e Xosé Salgado do Grupo Revisión, Eloy Lozano, Francisco Mantecón, Manuel Janeiro, Alberte Permuy, Xosé María Torné, Uqui Permui, Nuria Carballo, Fausto Isorna ou os estudios Taller DD e Signum Deseño, entre outros, así como os arquitectos e arquitectas Alberto Noguerol e Pilar Díez, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, León López de la Osa ou o pioneiro Xosé Bar Boo.

En paralelo á exposición, que se poderá ver ata o vindeiro 23 de xuño, a sede da Fundación DIDAC amosa unha colección de tapices e cartóns deseñados por Luis Seoane e María Elena Montero, corenta anos despois de que se presentasen na galería Citania de Santiago de Compostela e que non se voltaran amosar por xunto ao público desde entón.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Deseños que nos deron forma

Deseños que nos deron forma

A Fundación DIDAC amosa ata o 16 de decembro Formas propias. Deseño para a Innovación en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Fundación DIDAC, David Barro, Manuel Janeiro...