A industria e o deseño sempre foron unidos. Galicia careceu históricamente do primeiro elemento desta ecuación. Sen embargo, artistas e arquitectos realizaron de xeito esporádico unha destacada actividade neste campo. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo recolle agora unha ampla selección de obxectos que saíron das mentes do país, na primeira exposición dedicada á historia do deseño feito en Galicia ou por autores galegos.
Os obxectos mais cotiáns de cantos manexamos precisan dunha forma. Coa chegada produción industrial, o deseño adquiriu unha especial importancia ao ter que conseguir produtos atractivos e útiles á par que baratos, que serían serializados até o infinito. Alén diso, a necesidade de crear unha imaxe atractiva coa que vender máis facilmente estes produtos levou tamén a toda unha serie de aplicacións da arte á industria. A ausencia dun sector secundario forte en Galicia fixo que o deseño fose pouco desenvolvido coma disciplina no noso país mentres en lugares máis desenvolvidos se ía impoñendo de xeito autónomo. Até o último terzo do século XX foron artistas plásticos de todo tipo os que a miúdo facían as funcións de deseñadores, aplicando á industria os seus coñecementos artísticos. A historia deste proceso e un bo feixe de exemplos da produción desenvolvida por artistas galegos e en industrias galegas pode coñecerse desde o pasado día dous de abril e até o vindeiro trece de xuño no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo.
Os comezos
María Luísa Sobrino, comisaria da mostra, destaca que "en Galicia houbo menos deseño do que debería, pero máis do que cabería esperar", e recoñece que no noso país "o deseño só se pode entender coma algo descontinuo e esporádico". Foi a comezos deste século cando comezou a requirirse a actividade creadora aplicada á industria en Galicia. Como non podía ser doutro xeito, as industrias conserveiras, en auxe naquel momento, foron as primeiras en buscar este tipo de servizos, e carteis e latas enchéronse de debuxos ao gusto da época. A difusión da prensa gráfica tamén levou a que se iniciase o deseño en carteis e anuncios. Esta primeira época, que na mostra acótase até 1936 caracterizouse por un certo vangardismo e unha crecente difusión da disciplina. Ente os autores da época destacan nomes coma Federico Ribas, Cándido Fernández Mazas, Carlos Maside ou Castelao. Coa chegada do franquismo e a pobreza da posguerra, o deseño sufriu un grande retroceso, ao se unificar a estética durante os primeiros anos ao estilo fascista e ao diminuír enormemente o investimento neste sector, quedando entón o deseño vencellado a iniciativas puntuais. Nun segundo momento produciuse unha chegada a este mundo de arquitectos coma Bar Boo e de artistas coma Seoane e Díaz Pardo.
A eclosión
Non sería até o último terzo do século cando o país vería un rexurdir desta aplicación da arte á industria e á independencia a disciplina, coa creación dos primeiros estudos de deseño en Galicia e unha crecente preocupación pola imaxe en todos os sectores, desde as empresas privadas até as administracións públicas. Neste último período a mostra diferenza entre o deseño gráfico con nomes coma Re-Visión, Imago Mundi ou Alberte Permui, e o deseño de móbeis. A propia comisaria recoñece que a exposición "non debe ser considerada como o resultado acabado e pechado dunha procura histórica, senón coma o principio dunha pescuda". Deste xeito, quedaron fora do proxecto aspecto tan destacados coma o deseño industrial propiamente dito, o de moda ou o de produtos multimedia, que a organización considera merecen investigacións específicas.
A investigación
Os responsábeis do MARCO sinalan que esta é a primeira exposición dedicada integramente ao deseño en Galicia, que recolle as máis variadas manifestacións desta disciplina. A posta en marcha desta mostra exixiu un traballo pioneiro de investigación histórica que desenvolveron, onda María Luísa Sobrino, o arquitecto Pedro de Llano e o historiador Manuel Segade. "Foi un labor bastante arduo dun ano e pico a buscar obxectos e soportes que respondesen á idea de deseño", sinala a comisaria da mostra. Bibliotecas e hemerotecas, arquivos persoais, coleccións privadas e revisión de fondos de diferentes museos permitiu facer unha selección de trescentas setenta e oito pezas, entre as que o público encontrará abondosas sorpresas. Sobrino recoñece que "eu coñecía bastantes pezas, mais levamos algunha sorpresa bastante importante con obxectos coma o futbolín que inventa Alexandre Fisterra. Tamén o deseño dos irmáns De la Sota, ao velos xuntos descóbrese un deseño extraordinario nunha época de posguerra".
Documentos sobre o deseño
A mostra inclúe tamén vídeos documentais realizados polas propias empresas nos que se poden ver mostras dos seus deseños. Concretamente, o MARCO proxecta onda a exposición o pioneiro "La Artística de Vigo", rodado por José Gil xa en 1928 e "Laboratorios Zeltia S.A." que se rodou en 1950. Onda estes audiovisuais inclúese un documental de Perre Luigi Cattermole que fai un percorrido polo deseño industrial en España a través das imaxes do NO-DO. Alén da recollida de material para a mostra propiamente dita, a investigación preliminar, a cargo do arquitecto Pedro de Llano e de Manuel Segade, tirou a luz toda unha serie de textos sobre o deseño en Galicia. Unha escolma destes textos, datados a partir de 1916, inclúese no catálogo da mostra. "O fundamental sobre o deseño galego do século XX está recollido nesta mostra" asegura a comisaria do evento.
Independencia
Despois de manterse coma unha práctica marxinal, o deseño galego foi conseguindo nos últimos vinte anos a súa independencia. Neste sentido, Sobrino sinala que "hai unha profesionalización do sector, polo menos no deseño gráfico, e unha calidade excelente que busca as raíces na propia identidade galega". Noutros sectores, no entanto, considera que a evolución do deseño "é máis problemática, non hai moitas persoas que se dediquen ao deseño de obxectos", unha situación que é especialmente grave na industira no móbel. "Temos unha grande industria do móbel pero non do móbel de dseño", sinala, "IKEA foi un freo para o deseño de móbeis". Quedan aínda flocos para que o deseño chegue á madureza, mais cando menos, agora pode coñecer mellor as súas raíces.