A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia fixo pública a resolución de concesión da súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, a través da que contribúe con 800.000 euros á produción dos novos espectáculos de 29 compañías galegas. AGADIC distribúe estes fondos entre 15 propostas de teatro, maxia e novo circo, sete de empresas de recente traxectoria e cinco pezas de danza e artes do movemento, ademais de entre as dúas formacións beneficiarias na modalidade de proxectos plurianuais. Nesta última categoría, as compañías Elefante Elegante e Chévere reciben nesta ocasión 100.000 euros e preto de 97.000 euros, respectivamente, para o desenvolvemento do seu plan artístico e empresarial ata 2026, que en ambos os casos inclúen dúas producións principais. Búscase, así, facilitar o funcionamento dos equipos e proxectos de empresas teatrais xa consolidadas, subvencionando a súa planificación a tres anos vista con, cando menos, unha produción e unha xira de 70 funcións tanto en Galicia como no mercado exterior.
A listaxe de beneficiarios conforma así mesmo un avance case completo da produción escénica dos vindeiros meses no país. No referente á modalidade para espectáculos de teatro, circo e maxia, a Xunta cofinancia as novas propostas escénicas de 15 compañías. É o caso de 'As desterradas', de Producións Teatrais Excéntricas con dirección de Quico Cadaval, que propón un debate sobre a memoria histórica; 'Non pasarán', de Ártika Cía. baixo a dirección de Tito Asorey; 'Farsas', nova peza de Contraproducións, dirixida por Cándido Pazó a partir dunha reflexión sobre a lingua como nexo de unión; 'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro con texto e dirección de Santiago Cortegoso; a comedia 'O último home', de Ainé Producións, e 'As gardiás', de Ningures, sobre a loita das traballadoras da industria téxtil. Nesta listaxe de espectáculos, tamén se atopan outras pezas con temática de marcado carácter social, como 'Vida', de Culturactiva, sobre a situación do pobo palestino; 'A cincenta que non quería comer perdices', de Sarabela Teatro, dirixida ao público máis novo para abordar a violencia de xénero e o amor romántico; 'Guerra', de Teatro do Noroeste, sobre as consecuencias da guerra en Ucraína, e 'Ubasute', de Berrobambán, que poñerá en escena un dos máis recentes textos da dramaturga Paula Carballeira, no que reflexiona sobre o abandono das persoas maiores. Ademais, reciben cadansúa axuda dúas obras de teatro que toman o medio ambiente como eixo central da historia: 'Sol Fuerza', de aAntena, e 'Os contos de Lobicán', de Redrum Teatro.
Outras artes escénicas e novas compañías
Tamén obteñen financiamento os espectáculos de circo 'Catch', de Pistacatro, co que a compañía continuará reflexionando sobre o malabarismo; e 'Circo de Pinocho', de Educateatro, que busca devolverlle a esta disciplina o lugar que ocupou noutro tempo. Finalmente, apóiase a montaxe de monicreques de Títeres Cachirulo 'Nana Bunilda', que reflexionará sobre os coidados que recaen nas mulleres. En canto á categoría de danza e artes do movemento, son cinco as montaxes subvencionadas. 'Trátase de Baleiro', de Teatro Ensalle; 'Beltenebros', de Javier Martín; 'Dance Join', de Marta Alonso Tejada; 'Ruar', de VACAburra, e 'Aurora Boreal', de Paula Quintas.
A través desta liña a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe tamén ao financiamento dos proxectos escénicos de sete compañías de recente fundación, tanto de teatro como de danza. Daniel Rodríguez con 'Livres', Lagriot´te' con 'O rexurdimeno do divino sainete', Julia Laport con 'Para que non me deixes aquí soa', Morraoconto con 'Tromso', Amorodio Teatro con 'Cortello de amor', Eva Comesaña con 'Perder a lingua' e NegroLópez coa peza '#Influencers'. Todas estas propostas escénicas verán a luz no vindeiro ano.