A sede da Fundación Rosalía de Castro de Padrón serviu de escenario para a asemblea constituínte da Religa, a nova asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia. A creación desta rede era un obxectivo desde o pasado ano tras un encontro levado a cabo na Casa dos Poetas en Celanova onde se puxeron as bases para chegar a crear esta nova entidade aglutinadora de todos estes espazos, non só de Galicia senón coa idea de dar cabida a outros de Portugal. En principio, como entidades fundadoras son 18 as que tomaron parte desta asemblea constitucional, poden chegar a ser máis de trinta. Todas elas teñen en común a orixe literaria, son fundacións, casas e museos de escritores e escritoras. O presidente da Religa nesta fase é Xosé María Varela Martínez, xerente da Fundación Eduardo Pondal; vicepresidente, Anxo Angueira Viturro, representante da Fundación Rosalía de Castro; secretario, Antonio Piñeiro Feijoo, da Fundación Curros Enríquez; tesoureiro, Uxío Novo Rey, da Fundación Uxío Novoneyra e vogais, Susana Reboreda Morillo, da Fundación Otero Pedrayo, e Alberte Ansede Estraviz, da Manuel María.
Preséntanse como obxectivos da Religa establecer estratexias destinadas á xestión colaborativa dos espazos literarios, así como a promoción conxunta do turismo cultural en xeral e do turismo literario en particular, favorecer os encontros, a cooperación, os estudos en relación aos autores; levar a cabo a promoción, a defensa e a difusión do patrimonio literario; facilitar a representación das agrupacións socias, así como colaborar nas xestións e fomentar intereses comúns, ademais de coordinar actividades e desenvolver debates, reflexións e iniciativas que son propios deste tipo de sociedades, entre outras moitas propostas, así como a organización de foros e programar formacións.
Conforman o núcleo fundador da Religa a Casa Museo Rosalía de Castro, de Padrón; Casa da Troia, de Santiago; Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso; Casa de Manuel Antonio, de Rianxo; Fundación Wenceslao Fernández Florez, de Cambre; Museo Avilés de Taramancos, en Noia; Fundación Castelao; Fundación Manuel María, de Outeiro de Rei; Fundación Uxío Novoneyra, de O Courel; Casa de Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo; Espazo Fiz Vergara Vilariño-AC. Ergueitos, de Samos; Casa de Díaz Castro, Guiteriz; Pazo-museo de Tor-rede museística provincial, en Monforte de Lemos; Museo de Quiroga e Fundación Margarita Ledo Andión, Casa da Galería, en Castro de Rei; Fundación Vicente Risco, en Allariz; Fundación Curros Enríguez, en Celanova; Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba, Amoeiro; Fundación Losada Diéguez, en Boborás; Fundación Insua dos Poetas, en O Carballiño; Fundación Carlos Velo, en Cartelle; Fundación Eduardo Amor, en Ourense, e AuriaNos-Casas Natais de Risco e Pedrayo-Ourense; Fundación Filgueira Valverde, de Pontevedra; Fundación Neira Vilas, en Vila de Cruces; Plácido Rodríguez Castro, en Vilagarcía; Évame Oroza, en Vigo; Alfonso Pexegueiro, de Ponteareas, e Carlos Casares, de Nigrán. Entran tamén nesta fase fundacional as lusas Eça de Quiroz, Camilo Castrelo Branco ou Cupertino de Miranda.