O Centro Social de Dumbría acollía este 19 de xuño unha singular homenaxe. A Real Academia Galega e a Xunta de Galicia agradecíanlle publicamente cun diploma a Modesto García Quintáns o seu destacado traballo de recolla de topónimos e microtopónimos no Concello de Dumbría. Este topógrafo xubilado xeolocalizou 8.000 nomes de lugar que se incorporarán á base de datos Galicia Nomeada, mantida polas dúas institucións.
O interese do homenaxeado pola toponimia comezou xa no exercicio da súa actividade profesional, ao comprobar os múltiples erros que se rexistraban no catastro ou nos planos da concentración parcelaria. "Doíame moito ver como no proceso da concentración parcelaria se puñan os nomes na cartografía sen ton nin son, con formas mal recollidas e tamén fóra da súa situación real. Nos mapas daqueles tempos un rótulo dun nome longo podía tapar uns lindes e non era raro que o delineante acabase movéndoo sen xeito. Á escala, uns centímetros poden ser centos de metros. Cando se expuña todo para as reclamacións, os veciños non se fixaban nos nomes, só nos ferrados, e por iso hoxe nos planos do Catastro hai tantos erros", explicaba García.
Foi na xubilación cando decidiu dedicarse polo miúdo á compilación de nomes de lugar, a percorrer os camiños do concello e consultar a veciñanza. Segundo explica a RAG seu traballo permitiu localizar nomes de pedras como "O Petón da Lagoa, O Petón das Cruces, O Petón do Pobre, O Petón das Porcarizas, A Pedra vixía, A Pedra Arada, A Pedra Furada, A Pedra dos Porros, Pedra Abrigueira ou Pedra Ventosa; de monumentos prehistóricos como o Petróglifo da Pedra Ancha ou as mámoas do Baíño, da Lomba e de Cabernalde; e nomes de terras como O Prado da Misa, O Fial da Grúa, A Portela da Loba, As Gatiñeiras, Os Vaos Anchos e A Cova da Meda". Ademais, García Quintáns recolleu ademais unha importante colección de oicónimos , é dicir, os nomes polos que se coñecen as diferentes casas da zona.