O castro de san Cibrán de Las é declarado BIC

A Xunta afirma que ten un "valor incalculable par ailustrar os grandes lugares centrais da Idade do Ferro"

  • O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a declaración do castro de san Cibrán de Las (San Amaro) como Ben de Interese Cultural. A Xunta valora no xacemento dimensións históricas do xacemento coma o seu "valor incalculable para ilustrar, non só ...

O Museo Massó aumenta os fondos de Lugrís con novas adquisicións

Tres cartas náuticas decoradas polo artista e unha vidreira engádense á colección

  • A importante colección e exposición permanente que o Museo Massó ten do artista Urbano Lugrís (1908-1973) aumentou este ano con novas adquisicións. Segundo conta hoxe o xornal La Voz de Galicia, o ente dependente da Xunta de Galicia adquiriu est...

Malpica acolle o simposio sobre as cantareiras polo Día das Letras Galegas

A RAG ponlle o ramo á celebración co encontro As cantareiras e a poesía popular oral este 22 de novembro

  • A Real Academia Galega (RAG) ponlle o ramo ás celebracións do Día das Letras Galegas dedicado á poesía popular. Malpica, localidade natal de Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas no último 17 de maio, acolle o día 22 de novembro o simposio As...

Nicolas Muller: O ollar das marxes

O traballo do fotógrafo húngaro sobre a Galicia dos anos 60 percorre o país nunha exposición antolóxica

  • Encargáranlle fotografar monumentos, paisaxes e escenas típicas daquela Galicia que, nos anos 60, iniciaba unha acelerada transformación. E fíxoo. Pero ao tempo, encheu os seus carretes con imaxes nas que reivindicaba a dignidade do traballo, das...

A Fundación MOP abre ás portas do mundo fotográfico de Annie Leibovitz

'Wonderland' supón a primeira gran retrospectiva da artista en España

  • A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ven de celebrar o evento de apertura oficial da súa nova exposición 'Wonderland' que mañá xa estará aberta para o público xeral nos Peiraos de Batería da Coruña. 'Wonderland' supón a primeira gran retro...

Abraham Pérez imponse no Certame de Poesía Torre de Caldaloba

Rafael Catoira obtivo o segundo posto na convocatoria do Concello de Cospeito

  • O poemario Chernóbil revival valeulle a Abraham Pérez facerse co primeiro premio do VIII Certame de Poesía Torre de Caldaloba. Pérez, que xa se fixera cun segundo posto nunha edición anterior do concurso, recibirá 1.500 euros en metálico do pr...

O rebezo foi a base da dieta nos Ancares hai 17.000 anos

Un estudo revela como humanos e carnívoros compartían espazo na cova de Valdavara

  • Unha nova investigación liderada pola USC no xacemento de Valdavara 1 (Becerreá) debuxa con precisión a vida nas serras orientais galegas tras o Último Máximo Glacial. O estudo, que analiza máis de 2.000 restos faunísticos, confirma unha "anom...

O ministerio de Cultura incoa a declaración da ponte de Cruzul como Ben de Interese Cultural

O monumento de Becerreá do século XVIII fai parte da rede viaria estatal

  • O Boletín Oficial do Estado deste 19 de novembro publicaba a incoación do expediente para declarar a ponte de Cruzul, en Becerreá, como Ben de Interese Cultural na categoría de Monumento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes do...

Fransy González presenta as súas recollidas tradicionais cun novo formato en 'Manhe'

A cantareira faise acompañar da Orquestra de Cámara Galega e do saxofonista Pedro Lamas

  • A conxunción da herdanza musical das cantareiras a música de cámara e o saxo soprano nun espectáculo que é unha homenaxe á raíz, así preséntase 'Manhe'. A artista arteixá Fransy González, pandereteira e cantareira, leva toda a vida recolle...

As Xornadas sobre Ramón Piñeiro celebran a súa cuarta edición

O programa de Olladas no Pasado reúne a profundos coñecedores do seu legado e do seu pensamento

  • A cuarta edición das Xornadas Olladas no Pasado, centradas de novo en afondar no pensamento e legado do pensador e galeguista Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Santiago de Compostela, 1990) terán lugar este venres 21 e sábado 22 de novembro. Unha ...

África González recibe o premio María Josefa Wonenburger

O galardón da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta recoñece o seu labor nas ciencias biomédicas e na nanomedicina

  • O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia acordaba este 19 de novembro outorgar por unanimidade o Premio María Josefa Wonenburger Planells a África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. O galardón pre...

Manuel López Rodríguez faise co XXV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O galardón da Asociación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria está dotado con 6.000 euros

  • A Asociación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria daban a coñecer na mañá deste 19 de novembro o fallo do vixésimo quinto Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. A obra Ambiente , de Manuel López Rodríguez, impúxose no certame, que cont...

Sirât opta a catro Premios do Cinema Europeo

O filme de Óliver Laxe é tamén finalista nos Premios Forqué do cinema estatal

  • Os Premios do Cinema Europeo teñen unha especial presenza galega na súa 38 edición. O filme Sirât , de Óliver Laxe, acumula catro candidaturas nos galardóns que convoca anualmente a Academia de Cinema Europeo. Ademais, a produción opta tamén ...

As axudas a salas de artes escénicas repartirán 430.000 euros

A convocatoria da Agadic para estes espazos privados faise bienal por vez primeira

  • A convocatoria de axudas a salas de artes escénicas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) realízase por primeira vez de xeito bienal. O Diario Oficial de Galicia desde 19 de novembro publica a resolución pola que se repartirá un tot...

O Consello da Cultura analiza o traballo do Centro Dramático nunha xornada

O encontro, que se pode seguir online, abre un ciclo de debate sobre as institucións culturais galegas

  • A sede do Consello da Cultura Galega (CCG) en Santiago de Compostela acolle este 19 de novembro a xornada Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega . O encontro, que se pode seguir en l...

Falece o produtor de cine Julio Fernández

Foi unha figura fundamental da evolución do audiovisual co grupo Filmax desde finais dos anos noventa

  • Con 78 anos de idade falecía hoxe en Miami o produtor cinematográfico Julio Fernández, figura clave do audiovisual estatal nos finais do século XX e principios do XXI a través da súa empresa Filmax. Natural da Fonsagrada (Lugo), os seus restos ...

Aberta a licitación para a execución do Museo catedralicio de Tui

O importe supera os 640.000 euros

  • A Plataforma de Contratos da Xunta vén de publicar a convocatoria para a licitación da museografía do Museo catedralicio de Tui, o derradeiro paso antes da apertura da renovada colección da diócese tudense. O importe da licitación supera os 640...

O Foro internacional de arte e cultura dixital SINTE reúne a expertos e creadores no Gaiás

O programa abre cunha conferencia do autor de creacións dixitais para o Gran Museo Exipcio, a NASA, Google ou Nike

  • O programa do Foro internacional de arte e cultura dixital, Sinte, que celebra a súa primeira edición este 20 e 21 de novembro na Cidade da Cultura arrincará o xoves coa conferencia plenaria do cofundador e director do estudio Ouchhh, Ferdi Alici ...

A Xunta licita a restauración da igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe

O orzamento de 170.000 euros permitirá recuperar varias pezas escultóricas presentes no templo

  • Un investimento total de 170.000 euros permitirá restaurar a igrexa de Santa María da Atalaia, en Laxe. A Xunta licitou o proxecto de recuperación deste templo de estilo gótico mariñeiro, no que xa se está a traballar sobre o cruceiro. Segundo ...

Comeza a 33 Semana de Cine Submarino en Vigo

A cita audiovisual e científica co mundo mariño terá lugar no Teatro AFundación con entrada libre

  • Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afun...