
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá coa especialidade en Inmunoloxía, González traballou no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge onde participou na técnica de investigación da obtención de anticorpos monoclonais. Ata 2019 dirixiu o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo, onde desenvolveu traballos sobre resposta inmunitaria e mais inmunolóxica básica e aplicada ao desenvolvemento de vacinas.
O fallo do galardón destaca as súas investigacións sobre nanomedicina, ámbito no que cofundou a empresa Nanoinmunotech. Entre os seus achados neste ámbito está un biosensor para identificar células tumorais ou o uso de nanovacinas para tratamentos de cancro.
O galardón, que leva o nome da célebre matemática galega, recoñece anualmente de 2007 as traxectorias de mulleres científicas do noso país.



_wikipedia.jpg )


