A Xunta recoñece a Peregrina Quintela co Premio María Josefa Wonenburger

A homenaxeada é catedrática en matemática aplicada na Universidade de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Fonte: Web da USC

Fonte: Web da USC

O Premio María Josefa Wonenburger, que recoñece cada ano traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, foi este ano para unha matemática. Peregrina Quintela, catedrática de matemática aplicada da Universidade de Santiago obtivo nesta ocasión o galardón, a atender ao seu labor nos campos do "modelado matemático, análise matemático e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas". O Pleno da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia acordou o pasado venres nunha reunión o nome da homenaxeada que, segundo destacan, "durante a súa carreira combinou a dedicación á ensinanza, investigación e a transferencia de coñecementos e a xestión".

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Tecnoloxía, Mulleres, Xunta de Galicia

Claves

Entidades