Carmen García Mateo recibirá o Premio María Josefa Wonenburger

É catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións na Universidade de Vigo, Carmen García Mateo foi seleccionada polo pleno da Unidade de Muller e Ciencia da Secretaría Xeral de Igualdade como gañadora do Premio Premio María Josefa Wonenburger deste ano. O galardón, creado en 2006 para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, fallouse o pasado 5 de setembro. Na mesma xuntanza presentouse un estudo sobre a figura de María Josefa Wonenburger Planells realizado polas catedráticas da Universidade da Coruña María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar.

A gañadora, García Mateo, traballa como profesora titular na Escola de Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo, onde tamén foi vicerreitora. Ademais, ten participado en importantes publicacións científico-técnicas e multitude de proxectos de I+D e e é socia fundadora da Sociedade Española para a Acústica Forense.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Ciencia, Tecnoloxía, Igualdade...