Mabel Loza recibe o Premio Wonenburger 2019

O galardón recoñece as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Mabel Loza recibe o Premio Wonenburger 2019

A Unidade de Muller e Ciencia da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia outorgaba este 9 de outubro o premio María Josefa Wonenburger deste ano. Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía e responsable do grupo de investigación BioFarma da Universidade de Santiago foi a recoñecida co galardón que destaca "traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía".

O comité de selección valorou na súa escolla o impacto internacional do traballo da galardoada, que "dirixiu 22 teses doutorais, asinou 161 artigos publicados en recoñecidas revistas internacionais e ao redor de 200 comunicacións e congresos sobre farmacoloxía, química medicinal e neurociencias e organizou numerosos cursos e seminarios de investigación a nivel nacional e internacional".

Nos méritos, a Xunta lista tamén o feito de Loza ter sido seleccionada pola European Federation of Pharmaceutical Industries and Associations (Efpia) entre as 30 científicas de 30 países na iniciativa Portraits of Science-Scientists of Tomorrow ou o galardón Investigador-Innovador que lle outorgou o Foro de Empresas Innovadoras.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Tecnoloxía, Mulleres, Igualdade...