Victoria Lareu Huidobro é recoñecida co Premio María Josefa Wonenburger

A catedrática de Medicina Legal e Forense levou o galardón da Xunta para mulleres científicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Victoria Lareu. Fonte: Xunta de Galicia.

Victoria Lareu. Fonte: Xunta de Galicia.

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia deu o coñecer este seis de novembro o fallo do Premio María Josefa Wonenburger Planells, que recoñece desde 2007 o traballo mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnoloxía. Nesta xeira, o premio foi para a catedrática de Medicina Legal e Forense Victoria Lareu Huidobro, "especialista no campo da xenética forense, onde participou no deseño de ferramentas básicas en pericia de xenética forense hoxe de uso mundial", segundo sinala o fallo do galardón.

Lareu, formada Universidade de Santiago e en centros estranxeiros de prestixio, compaxina o traballo de laboratorio dentro do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro coa actividade docente na Facultade de Medicina de Santiago. Na actualidade a súa actividade céntrase en campos pioneiros da investigación forense "como a aplicación de tecnoloxías de secuenciación masiva de nova xeración ou o estudo de aplicación da marca epixenética do xenoma humano". Ademais, recoñécese o seu labor "na análise de mostras biolóxicas en casos de criminalística, o que lle permitiu percibir a cruz con distintivo branco da Orde de Mérito da Garda Civil".

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medicina, Mulleres, Ciencia, Tecnoloxía...